Domingo, 11 Maio de 2025

Tui

O Concello de Tui prepara unha Guía da hostalería e restauración de Tui cos servizos de entrega a domicilio e recollida no local

O Concello de Tui, a través da iniciativa de apoio ao comercio local Quero Tui, está a elaborar un directorio con todos os establecementos hostaleiros e de restauración do municipio que ofertan o servizo de comida para levar ou de recollida no local.

Cento sesenta fogares tudenses participan xa no programa municipal de compostaxe

Son xa 160 os fogares tudenses que participan no programa municipal de compostaxe. O pasado venres, no Centro Municipal de Formación, tivo lugar a entrega de 25 novos composteiros a outras tantas persoas que tiñan presentando a súa solicitude. Previamente a mestra composteira, Sara Luque, ofreceu varias charlas informativas en grupos reducidos explicando tanto o qué é a compostaxe coma o proceso a seguir.

A Policía Local controlou máis de 500 vehículos na fin de semana ante o peche perimetral do municipio

A vixilancia do cumprimento das novas medidas restritivas que o sábado entraron en vigor en Tui xunto á restrición á mobilidade de 23 a 6 h centraron as actuacións da Policía Local de Tui durante a fin de semana.

Tui levará a pleno nas próximas semanas o PEPCHA para a súa aprobación definitiva tras o informe favorable de Urbanismo

Nas próxima semanas, ben á sesión ordinario deste mes ou a unha extraordinaria, será levado a pleno o Plan especial de protección do conxunto histórico, PEPCHA, tras recibir hoxe a notificación do informe favorable por parte da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

A Deputación destina máis de 1,2 millóns de euros a outros sete concellos, Gondomar, Nigrán e Tui entre eles

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos por un importe total de 1.225.347 euros, ao abeiro do Plan Concellos, para Campo Lameiro, Dozón, Gondomar, Lalín, Nigrán, Tui e Pazos de Borbén.

Teatro do Atlántico presenta hoxe ás 19.30 h “Dúas donas que bailan”

O Teatro Municipal de Tui mantén a programación “Volvemos ao teatro en novembro” reducindo a partir de mañá sábado a capacidade a 30 espectadores tendo en conta as novas medidas restritivas establecidas pola Xunta, publicadas no DOG Nº 223-Bis, que entrarán en vigor ás 00 h de mañá sábado 7 de novembro.

Tui aproba as primeiras 108 axudas a establecementos e persoas autónomas que estiveron sen actividade debido á pandemia

A Xunta de Goberno local do Concello de Tui aprobou a semana pasada as primeiras 108 axudas a establecementos e persoas autónomas ao abeiro do Programa municipal de axudas extraordinarias de emerxencia, Reactiva Tui. Suman un total de 93.168,45€ con axudas de até 1000 euros por solicitante destinadas a facer fronte aos gastos de aluguer do local comercial, ao investimento preciso para a transición ou optimización do comercio en liña, así coma para a incorporación das medidas de prevención establecidas, ou para acondicionar os locais comerciais á actual situación de pandemia.

Milladoiro, no Teatro Municipal de Tui o 13 de novembro

Coa capacidade do Teatro Municipal reducida a 60 butacas –en cumprimento da normativa establecida co nivel 2 en Galicia o pasado xoves, 22 de outubro–, e cun estrito protocolo de prevención da covid-19 a programación cultural 'Volvemos ao teatro' deste mes de novembro oferta un total de 6 espectáculos.

O programa de formación Expertclick de Tui, adíase para os días 23, 24 e 26 de novembro

Adíase até o 23, 24 e 26 de novembro o programa de formación Expertclick que a próxima semana estaba previsto impartir en Tui. Vai dirixido a persoas maiores de 55 anos que a través desta formación en liña poderán aprender o uso de apps coma Whatsapp, cómo realizar videochamadas, facer tramitacións electrónica co seu banco , pedir unha cita para o seu médico por internet, ou empregar as redes sociais.

Realizada con todos os resultados negativos a proba serolóxica aos traballadores municipais

Na mañá de onte realizouse á plantilla municipal do Concello de Tui as probas serolóxicas da covid19, sendo negativos todos os test. Nestes momentos son 4 os traballadores municipais con infección activa por coronavirus, tras confirmarse antonte por PCR un novo caso. O municipio continúa en alerta vermella ao rexistrar máis de 21 positivos no últimos 7 días, segundo o mapa que publica a diario a Consellería de Sanidade.

Xampatito Pato presenta este venres no Teatro Municipal o espectáculo de circo-teatro ‘Só’

Unha proposta para todos os públicos na que se combina circo e teatro é que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui, dentro da programación cultural “Volvemos ao Teatro” organizada polo Concello de Tui. Será da man da compañía Xampatito Pato co espectáculo “Só”. Comezará ás 19:30 h e coa capacidade limitada a 60 persoas, cumprindo todas as medidas de prevención e seguridade.

Ponse en marcha QueroTui un proxecto que pon en valor o local dende o local

Hoxe presentouse a través das redes sociais o proxecto “Quero Tui” que parte co obxectivo de pór o valor o comercio, a hostalería e o produto local. É unha iniciativa promovida polo Concello de Tui a través da concellería de Comercio que busca implicar a poboación tudense nunha aposta polo noso.