Luns, 12 Maio de 2025

Tui

Máis de 4.000 persoas pasaron en xuño pola Oficina Municipal de Turismo de Tui

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu durante o pasado mes de xullo a 4.067 persoas que se achegaron até este punto demando información turística do municipio, e da zona, así coma sobre o Camiño Portugués.

O delegado do Goberno confirma o investimento de 500.000 euros para a humanización da Avenida de Portugal de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu onte na Casa do Concello ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e á subdelegada do Goberno na provincia, Maica Larriba, cos que mantivo unha reunión de traballo. Posteriormente desprazáronse até a Avenida de Portugal, cuxo proxecto de humanización, por importe de 500 mil, xa foi aprobado polo Goberno centra

Tui executa as obras de remodelación dos vestiarios do campo de fútbol O Foxo de Caldelas

Estes días estanse a executar as obras de remodelación dos vestiarios do campo de fútbol O Foxo de Caldelas. Os traballos consisten tanto na remodelación completa dos vestiarios existentes coma na creación dun segundo vestiario tras reconverter a caseta que acollía a oficina e o almacén.

Cora Novoa, autora de ‘Espazo do Eu’, ofrecerá unha visita comentada á exposición na Sala Municipal de Tui

Este xoves, 8 de xullo, ás 11:30 h terá lugar unha visita comentada á mostra Espazo do Eu a cargo da súa autora Cora Novoa. Poden asistir todas as persoas interesadas até completar o aforo establecido.

Tui xa ten a súa propia Guía Turística da Red de Juderías

O Parador Hostal Reis Católicos en Santiago de Compostela acolleu onte o acto de presentación das Guías Turísticas das Xuderías de Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia, as tres cidades que forman parte en Galicia da Red de Juderías de España.

“Espazo do Eu” de Cora Novoa chega a Sala Municipal de Exposicións de Tui

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle, ata o vindeiro 10 de xullo, a mostra “Espazo do Eu”, realizada pola moza tudense Cora Novoa.

O venres remata o prazo de inscrición nos cursos de Prevención de Riscos Laborais de Tui

Até este venres, 2 de xullo, está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de prevención de riscos laborais na construción, que proximamente se van impartir en Tui.

A Policía Local de Tui detecta infraccións por consumo de alcohol ou drogas

A Policía Local de Tui coordinou, entre os meses de xaneiro e xuño, controis policiais de Seguridade Cidadá e Tráfico, organizados en diferentes puntos do centro urbano do municipio.

Gran fin de semana para o Club Bádminton Tui

Esta fin de semana pasada foi moi especial para o Club Bádminton Tui. O club participou no Campionato de España 2010+ con seis dos deportistas máis novos. A actividad desenvolveuse seguindo os protocolos marcados pola Covid19.

Unha persoa ferida nun accidente de tráfico en Randufe, Tui

Unha persoa tivo que ser trasladada despois de sufrir un accidente en tráfico entre dous coches, no concello de Tui. Os feitos aconteceron cara ás 17 horas de hoxe cando un particular chamou ao 112 Galicia para dar aviso dunha colisión entre dous vehículos en Randufe, no enlace da estrada N-551 coa A-55.

A Deputación aprobará novas achegas para Tui, Salceda, Mos e Ponteareas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra dará o visto bo este venres a recursos por máis de 1,8 millóns de euros para outros nove municipios da provincia ao abeiro das liñas 1 e 2 do Plan Concellos 2021.

Tui acolle, este domingo, o VII Campionato Ibérico de Kung Fu da Eurocidade Tui-Valença

Tui acolle este domingo 27 de xuño, a partir das 10:30 horas, no novo pavillón deportivo municipal, o VII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Este evento está organizado polo Club Di Som Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. O evento poderá seguirse en liña a través da canle de Youtube da Federación Galega de Kung Fu, ou presencialmente até completar o aforo do pavillón.