Venres, 4 Xullo de 2025

Tui

Volven celebrarse os actos da Semana Santa tudense con tradicións seculares

As celebracións da Semana Santa volven este ano a Tui tras dous anos de ausencia debido á pandemia coa organización da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, a Catedral e o Concello de Tui.

O obradoiro de emprego Revaloriza Tui remata a restauración do Lavadoiro de Laxes en Randufe

O alumnado do obradoiro “Revaloriza Tui 2021” vén de rematar hai uns días a primeira das obras incluídas no proxecto de restauración de elementos patrimoniais municipais. Trátase do lavadoiro de Laxes en Randufe.

O pavillón Gustavo Rodríguez acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Patinaxe Grupos Show

O pavillón municipal Gustavo Rodríguez acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Patinaxe Grupos Show organizado polo Club de Patinaxe Artístico Ribex en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Patinaxe.

A música protagoniza o proxecto educativo “Benjamín de Sefarad” en 2022

A Red de Juderías de España lanza unha nova edición do seu proxecto educativo Benjamín de Sefarad, que ten como obxectivo o difundir entre os escolares a importancia e pervivencia do legado xudeu de España.

«A lingua das bolboretas» chega este venres ao Teatro Municipal de Tui con Sarabela Teatro

Sarabela Teatro presenta este venres, 18 de marzo, ás 21 h no Teatro Municipal, 'A Lingua das Bolboretas', unha montaxe pola que recibiron catro...

Habilitado un formulario na web municipal para canalizar a axuda local á poboación ucraína

Está xa habilitado na web municipal do Concello de Tui un formulario para que a veciñanza poida ofrecer a súa axuda á poboación ucraína.

A Deputación saca a licitación a mellora da EP-2502 en Tui, ao paso por Cerquido-Ribadelouro

A Deputación vén de sacar a licitación as obras de mellora da seguridade viaria en na EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, en Tui, cuxo orzamento ascende a case medio millón de euros (468.243 €) que serán financiados pola institución provincial nun 70 % (327.770 €) e o Concello asumirá o 30% restante (140.473 €).

O alcalde de Tui abordou con representantes de CCOO a necesidade de mellorar as conexións ferroviarias

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse co sector ferroviario de CCOO para abordar as melloras do servizo ferroviario. En concreto recibiu na casa do concello a Juan Gómez e Antón Conde, representantes de Renfe e Adif, respectivamente.

Preséntase en Tui o libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”

O avogado e politólogo de Ponteareas Roberto Mera Covas presenta este xoves, día 10 de marzo, en Tui o seu libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, publicado por Belagua Ediciones.

O alumnado do IES San Paio de Tui achégase á memoria histórica dende unha perspectiva de muller da man da Deputación

O alumnado do IES San Paoio participará ao longo deste mes de marzo en varias das actividades sobre memoria histórica que a Deputación, grazas ao seu programa de Memoria Histórica ‘O Pasado Por Vir’, está a levar pola provincia da man de concellos, asociacións e centros de ensino.

Reunións informativas sobre Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os incendios forestais

O Concello de Tui vai realizar durante os meses de marzo e abril unha rolda de charlas informativas nas distintas parroquias tudenses para informar sobre o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os incendios forestais.

A mostra “Sabores e aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” exponse en Tui

A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle até o xoves, 24 de marzo, a exposición “Sabores e Aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” organizada pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e o Concello de Tui, que forma parte desta Red dende o pasado ano 2019.