Mércores, 2 Xullo de 2025

Tui

O núcleo central de Ribadelouro en Tui prepárase para un cambio coas obras da Deputación

As máquinas traballan xa nas obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-2502 Cerquido-Ribadelouro, en Tui. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitou Ribadelouro para explicar o proxecto acompañada do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís.

Máis de 2.800 persoas pasaron en xuño pola Oficina de Turismo de Tui

Máis de 2.800 persoas solicitaron información durante o mes de xuño na Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira. Das 2.873 persoas que se achegaron até este punto de información 1.176 eran peregrinos e 1.697 turistas.

O alcalde de Tui presenta ao presidente da Cámara de Valença os obxectivos da Axenda Urbana

“Pensar e planificar Valença e Tui dun xeito conxunto para un futuro sostible no que poidamos compartir e sacarlle o máximo proveito á nosa estreita e histórica relación”, así resumía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o encontro mantido co presidente da Cámara de Valença, José Manuel Vaz Carpinteira, para presentarlle os obxectivos da Axenda Urbana de Tui.

As piscinas municipais de Tui serán completamente renovadas ao remate da temporada estival

O Concello de Tui, dentro do programa de rehabilitación e mellora da totalidade dos equipamentos públicos, vai acometer ao remate da temporada estival obras de reforma e acondicionamento nas piscinas municipais.

Xabier Díaz e Adufeiras e Arxe actúan no II Festival da Cultural Tradicional e Folk

A praza de San Fernando e o Paseo da Corredoira serán os escenarios do II Festival da Cultural Tradicional e Folk que se celebra este venres, sábado, e domingo en Tui organizado pola Asociación Cultural San Telmo. Este evento abre a programación cultural do verán en Tui.

Tui acolle catro festivais, concertos e cinema dentro da súa programación cultural de verán

Dende este venres, 8 de xullo, e até o luns 29 de agosto, vaise celebrar en Tui a programación cultural do verán cunha ampla oferta na que terán lugar catro festivais, - Festival da Cultural Tradicional e Folk, FIAR, Música no Claustro e IKFEM-concertos de Xoel López, a Banda de Gaitas de Paramos, Raquel Areal, Sara Areal e Karla Martínez, cinema ao aire libre e a Festa do Miño.

O Club Badminton Tui pecha un extraordinario fin de semana nas Neves

Este sábado disputábase nas Neves o GALICIA TOP TTR N7 SUB13 SUB17, competición ata que o Club Badminton Tui desprazaba a seis deportistas: Elena Fontenla, Xiana Fernández, Aldara Vila, Andrea Pérez, Alexia Pérez e Martín Gándara, que lograron uns extraordinarios resultados con dous ouros, dúas pratas e tres bronces.

Clausurada a temporada do programa Cultiva a Mente realizado en sete parroquias tudenses

Onte tivo lugar na ribeira de Caldelas a clausura do programa Cultiva A Mente que se desenvolveu dende o pasado outono en sete parroquias tudenses: Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, Rebordáns e Ribadelouro.

A humanización da Avenida de Portugal de Tui suporá unha mellora na entrada en Galicia dende Portugal

A humanización da Avenida de Portugal suporá un investimento superior aos 600 mil euros. Trátase dunha obra “prioritaria e moi necesaria que contribuirá á transformar esta vía” segundo explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Máis de 300 deportistas participan este domingo no VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá este domingo, 26 de xuño, dende ás 10:30 h o VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade.

O Consorcio de Augas do Louro entrega os premios do V Concurso de Debuxo

A EDAR de Guillarei acolleu hoxe a entrega dos premios da quinta edición do concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”.

Tui participa mañá na Asemblea xeral da Red de Juderías de España

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participa mañá venres, 24 de xuño, na cidade de Lucena na 60ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España – Camiños de Sefarad. Na mesma reuniranse os e as representantes das vinte e unha cidades que integran esta rede de municipios.