O pasado sábado, o Concello de Tomiño ofreceu no Salón de Plenos unha recepción á Agrupación Musical de Goián para agradecerlle a súa labor e os seus recentes galardóns no XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares. A banda tomiñesa acudía coa obra «Lobo de Río», do compositor goianés Andrés Álvarez
O Concello de Tomiño na súa procura de mellorar a rede municipal de estradas, reparando as pistas asfaltadas e pavimentando as que se atopan en terra, vanse arranxar catro camiños municipais nas parroquias de Santa Mª de Tebra, Tomiño, Amorín e Vilameán.
A Escola Municipal de Teatro de Tomiño arrancou este martes un novo curso co cartel de cheo colgado nos grupos de infantil e mocidade e con tan só algunhas prazas dispoñibles no grupo de persoas adultas. Logo de varios anos de funcionamento a entidade xa está consolidada, converténdose en referente cultural na comarca do Baixo Miño.
O Concello de Tomiño vén de transmitir o seu "máis sinceiro parabén" ao ao padeeiro Roi Rodríguez Huertas, do Kayak Tudense, "por facerse un oco entre os piragüistas con posibilidades de obter unha praza para participar nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020".
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada de Luis Martín Blanco (director de zona de Abanca), e Paloma Vela (coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación) inaugurou a exposición 'Unha mirada de antaño' da fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson.
A Asociación Nacional de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil (A.N.A.V) fixo entrega esta pasada fin de semana á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Tomiño, de Tomiño da 'Placa ao mérito na súa categoría de Ouro' pola súa labor durante 25 anos.
A Asociación de amigos das motos antigas 'Dalle Gas', coa colaboración do Concello de Tomiño, organiza a vindeira fin de semana –sábado 2 e domingo 3 de novembro– o XVI Mercadiño e exposición de motos antigas, no pavillón de Goián.
O Auditorio de Goián acolleu na fin de semana a Gala Solidaria pola ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), organizada pola Asociación AGAELA (Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica), coa colaboración do Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e comercios locais.
Debido as obras da nova avenida que exercerá de variante e permitirá a mellora da mobilidade e integración urbanística do núcleo urbano do centro de Tomiño, a localización actual da parada de autobuses (transporte regular e escolar) situada na Avenida República Arxentina (ao carón do Concello), denominada 'Tomiño Praza', foi cambiada a partir hoxe, á rotonda da nova avenida (ao carón da Farmacia Iglesias, no barrio de A Rocha).
O vindeiro domingo, 27 de outubro, no Auditorio de Goián ás 17:30 horas, terá lugar a Gala Solidaria pola ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), organizada pola Asociación Agaela, coa colaboración do Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e comercios locais.
A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza unha xornada deportiva no marco do programa 'Deporte para todas as persoas', con xogos deportivos e tradicionais, andaina curta (paseo) e aula de Pilates. Será o vindeiro domingo, 27 de outubro, no Parque do Castelinho (Vila Nova de Cerveira) de 10 a 13 horas (hora galega).
Como resultado do proxecto gañador do orzamento participativo transfronteirizo de Cerveira-Tomiño en 2019, preto de 200 nenos de ambos municipios desenvolveron conxuntamente unha actividade que combinou arte e natureza nun espazo cargado de singularidade ao longo dunha semana.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.