Venres, 16 Maio de 2025

Tomiño

Tomiño crea un novo tramo que dá continuidade á senda da Avenida do Baixo Miño

O Concello de Tomiño continúa apostando por recuperar espazos para as persoas, creando zonas de estancia e lecer coas que potenciar tamén a mobilidade sustentable.

O PSOE de Tomiño cualifica de “nefasta” a xestión política e económica do goberno local

As concelleiras socialistas de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa definiron como "nefasta" a postura do goberno nacionalista de Tomiño ante a situación económica do Concello logo de que no Pleno ordinario celebrado o pasado xoves, procedérase a unha moficiación de crédito por valor de 346.223,92 euros, para poder facer fronte a partidas orzamentarias que están sendo incrementadas polo aumento dos prezos dalgunhas materias primas.

O pleno municipal de Tomiño amosa o seu apoio ao IES Antón Alonso Ríos

O goberno de Tomiño levou onte ao Pleno Municipal unha moción de apoio ao IES Antón Alonso Ríos na súa solicitude dunha segunda especialista en Pedagoxía Terapéutica.

O programa Agroemprega chega á súa recta final con máis dun 60% de inserción laboral

Programa Integrado de Emprego de Galicia, Agroemprega, afronta a súa recta final con grande éxito de resultados. O proxecto, promovido polos Concellos de Tomiño e O Rosal en colaboración coa Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, arrancaba en marzo deste ano.

Tomiño prepara un outono de libros

O cambio de estación chega a Tomiño cargado de literatura. O Concello organiza o ‘Outono de libros’, unha iniciativa a través da que durante as vindeiras semanas se programarán ata cinco presentacións de títulos literarios da man dos seus autores, todos escritores locais e da comarca.

Parlamentarios europeos mergúllanse na experiencia de cooperación transfronteiriza da Eurocidade Cerveira-Tomiño

A Eurocidade Cerveira-Tomiño acolleu este luns a visita dunha delegación composta por 46 persoas e encabezada polos cinco deputados do Parlamento integrantes do grupo da Alianza Libre Europea (ALE).

Tomiño volve mollarse polos ríos participando na limpeza simultánea impulsada por Adega

Un ano máis o Concello de Tomiño implícase coa limpeza simultánea de ríos impulsada por Adega ao abeiro do Proxecto Ríos. Será participando na iniciativa ‘Móllate polos ríos’, unha xornada de retirada de lixo á beira do río.

O CEIP de Tebra estrea comedor escolar

O alumado do CEIP Plurilingüe de Tebra xa dipón de comedor escolar. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, César Pérez Ares, visitaron este xoves o centro educativo.

A Eurocidade Cerveira-Tomiño debate en Lituania sobre os obstáculos legais para a mobilidade transfronteiriza cotiá

A cidade lituana de Panevėžys foi o lugar elixido para celebrar a quinta e derradeira reunión do proxecto BRIDGE, unha iniciativa na que a EurocidadeCerveira-Tomiño participa xunto con outras 10 entidades e municipios transfronteirizos de 11 países co obxectivo de promover a cidadanía e a cohesión social alén das fronteiras.

Especialistas traballan xa na recuperación da ponte tardomedieval de Taborda, Tomiño

O Concello de Tomiño continúa coas obras para a reparación, recuperación e conservación da ponte tardomedieval de Taborda, coñecita tamén coma ‘ponte de Hospital’. Trátase dunha ponte do século XVI, de finais da Idade Media, en cantería irregular, dun só vano e cunha lonxitude de 7 metros sobre o río Cereixo que daba paso a un antigo hospital existente na zona.

Tomiño leva investidos neste verán máis de 100.000 euros en melloras e mantemento dos centros escolares

Os centros escolares de Tomiño estrean volta ao cole con instalacións renovadas. O Concello investiu máis de 100.000 euros na mellora, reforma e mantemento dos centros educativos de Infantil e Primaria do municipio que, como é habitual, realizáronse durante os meses de verán para non interromper a actividade lectiva.

Violeta de Santiago presenta a súa candidatura á alcaldía de Tomiño

O PSdeG-PSOE presentou á súa candidata á Alcaldía de Tomiño nun concorrido xantar celebrado esta fin de semana na localidade do Baixo Miño. Violeta de Santiago, que repetirá como aspirante á Alcaldía catro anos despois e con claras expectativas de crecemento, recibiu o apoio de moitos veciñoa e veciñas, representantes da sociedade tomiñesa e da militancia do Baixo Miño, ademais de cargos públicos como o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o secretario xeral provincial, David Regades.