Xoves, 15 Maio de 2025

Tomiño

Tomiño pon en marcha a recollida porta a porta de residuos voluminosos

Tomiño segue avanzando cara a un municipio máis sostible, limpo e comprometido co medio ambiente. Neste camiño, o Concello pon en marcha esta mesma semana o servizo de recollida de residuos voluminosos porta a porta.

Tomiño, sede da iniciación ao tiro con arco

Fin de semana de estrea para arqueiros e arqueiras en Tomiño. O club Arco Trasno organizou en colaboración co Concello un campionato indoor de iniciación no pavillón da Carballa, unha competición moi especial pensada para todos aqueles rapaces e maiores que se acaban de iniciar no tiro con arco e que aínda non participaron nunha competición oficial.

Tomiño porá en valor o torreiro de Vilameán

Unha praza amable, sostible e accesible que permita poñer en valor a arquitectura e patrimonio da contorna e seguir recuperando espazos públicos para as persoas.

Tomiño incorpora un segundo vehículo cero emisións ao servizo de compostaxe

Tomiño dá un paso máis cara a sostibilidade ao adquirir un segundo vehículo con distintivo ambiental cero emisións de CO2 para o servizo do persoal encargado da Implantación e xeralización da Compostaxe.

Tomiño encherase de humor

Tomiño continúa coa súa programación cultural, unha oferta de actividades de calidade para pequenos, pequenas e maiores e que esta fin de semana cede o escenario a un dos clásicos da literatura.

Máis de 30 de persoas reactívanse co programa de envellecemento activo do Concello de Tomiño

Esta nova edición hai moito novato, pero os máis veteranos xa advirten: o que proba repite. Así de claro o teñen os usuarios e usuarias do programa Reactívate do Concello de Tomiño, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables que regresou ás instalacións do Centro Vontade despois de dous anos de parón pola crise sanitaria.

Comedia, autoficción e danza este sábado en Tomiño

O Concello de Tomiño continúa cunha oferta cultural de calidade deseñada para o desfrute do público adulto os sábados e para público familiar e infantil os domingo.

Tomiño aborda as dificultades na mobilidade transfronteiriza de menores na EU Regions Week

A Eurocidade Cerveira-Tomiño comparte a súa experiencia transfronteiriza con rexións e cidades europeas. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, participou este xoves na European Week of Regions 2022 (EU Regions Week).

A OMIX de Tomiño prepara un outono cheo de novidades

Aproveitar o outono nunca foi tan doado nin divertido. A OMIX de Tomiño ten preparada para esta nova tempada un amplo programa de cursos novidosos e innovadores que buscan achegar a mozos e mozas a actividades actuais que espertan grande interese entre eles e elas.

O PSOE tomiñés esixe á Xunta a vacinación contra a COVID para as persoas maiores nos centros de saúde

As concelleiras do Grupo Municipal Socialista no Concello de Tomiño, Violeta de Santiago e Mirta Misa, presentaron unha moción no Concello para esixir á Xunta de Galicia que o proceso de vacinación contra a Covid-19 das persoas maiores "se faga Centro de Saúde da localidade a través dos equipos de Atención Primaria, tanto por cercanía coma polo contacto permanente para seguimento de patoloxías crónicas".

Tomiño reactiva os composteiros dos centros de ensino da vila

Coa chegada do curso escolar, como cada ano, póñense en marcha os composteiros dos centros de Ensino de Tomiño, composteiros que levan en funcionamento dende 2019 nas 13 aulas de CRA e nos 5 colexios de infantil e primaria do Concello e que o alumnado utiliza para xestionar os biorresiduos das merendas.

O obradoiro Vikensen de Tomiño, entre os finalistas dos premios nacionais de artesanía 2022

O obradoiro de torneado de madeira Vikensen de Tomiño é unha das tres candidaturas galegas que optan como finalistas aos XV Premios Nacionais de Artesanía convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo na categoría de emprendemento na que tamén participa o obradoiro de Santiago Besteiro, Monterroso, especializado no coiro.