Subiuse a unha bicicleta por primeira vez pasada a pandemia, para seguir facendo deporte e despexarse tras o confinamento nun momento no que os ximnasios estaban pechados. Dende entón, Diego Álvarez Alonso non deixa de colleitar éxito tras éxito. O Concello organizou unha recepción ao ciclista afincado en Tomiño, un encontro no que felicitar ao deportista pola súa carreira curta pero meteórica.
Ao abeiro da estratexia para camiñar cara a unha economía baixa en carbono, eliminando de maneira progresiva o emprego de combustibles fósiles e reducindo as emisións, Tomiño vén de sacar a licitación a concesión para a instalación, xestión e mantemento de dous puntos de recarga de vehículos eléctricos.
Traballar co alumnado e as súas familias a igualdade de xénero, a prevención e o rexeitamento das violencias machistas. Ese é o obxectivo de ‘Así, si!’, un programa a través do que a OMIX de Tomiño leva a educación afectiva e sexual con perspectiva de xénero ás aulas do IES Antón Alonso Ríos.
O IES Antón Alonso Ríos segue a dar pasos para achegar ao alumnado un espazo motivador no que compartir intereses, xerar experiencias motivadoras que fomenten a investigación e que esperte vocacións científicas.
A Feira de Cultivos do Baixo Miño adáptase ás circunstancias e ponlle ao mal tempo boa cara. Por mor das chuvias e das malas condicións meteorolóxicas previstas para os vindeiros días, a cita aprazarase unha semana pero manterá a súa ampla programación.
A Feira de Cultivos do Baixo Miño continúa sumando novidades para celebrar un evento renovado no que os público poderá gozar de diferentes actividades de lecer, como sesións vermú entre plantas con música en directo.
Tomiño deu este mércores o primeiro paso do seu Camiño de Santiago. Tras un ano de investigación, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira; e o arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron o Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago, unha variante do Camiño de Santiago que pasa polo territorio que recollen xa os arquivos históricos.
A Coral Polifónica de Tomiño prepárase para sorprender esta fin de semana ao público co seu tradicional Concerto de Primavera. Este domingo 30 de abril a coral tomiñesa ofrecerá no auditorio municioal de Goián un espectáculo no que todas as persoas asistentes poderán gozar do seu variado repertorio, que inclúe cancións populares e clásicas, así como algunhas pezas contemporáneas.
Tomiño entregou o ‘Selo Revitaliza’ a 28 centros de ensino, centros especializados, asociacións e locais de hostalaría, un distintivo que recoñece o compromiso de todas estas entidades coa compostaxe para o tratamento dos seus residuos orgánicos.
O Partido Popular de Tomiño revelou que a Axencia Tributaria vén de confirmar, coa imposición dunha sanción económica, a comisión de irregularidades no Concello de Tomiño, con responsabilidade do goberno local, no uso fraudulento de gasóleo nun vehículo da frota municipal.
A compañía Aporía Escénica sabe que habelas, hailas. Para amosarllo ao público subirase esta fin de semana ao escenario do auditorio municipal de Goián para representar ‘Soga e Cinsa’.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.