Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Un informe sobre ‘Sustentabilidade e economía verde’ no territorio do río Miño sinala a silvicultura como factor de competitividade de futuro

O AECT Rio Minho presentou hoxe en O Rosal o informe sobre ‘Sustentabilidade e Economía Verde’ no territorio miñoto elaborado dentro do Observatorio de Dinámicas Transfronteirizas (ODT) do Rio Minho por especialistas da Universidade de Vigo e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo. Entre moitas ideas de desenvolvemento circular para a zona subliñouse unha conclusión clara: a silvicultura será un importante factor de competitividade no futuro do territorio.

Tomiño traballa para eliminar a entrada de augas pluviais á rede de saneamento

O Concello de Tomiño en colaboración con Aqualia levará a cabo nas vindeiras semanas unha campaña de inspección e control das redes municipais de saneamento e das conexións particulares de augas pluviais co obxectivo de “evitar que, en momentos intensos de choivas como os que estamos a ter, suframos a insuficiencia dalgúns colectores, incapaces de asumir os volumes de augas que reciben para o seu transporte ata a Estación Depuradora de Augas Residuais de Tomiño (EDAR)”, como sinala o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez.

Xunta e Concello impulsan a tramitación da modificación puntual urbanística que permitirá recuperar o mosteiro

A Xunta e o Concello de Oia reuníronse na mañá do xoves co fin de analizar a situación actual da modificación urbanística promovida polo Goberno local para permitir a recuperación do Real Mosteiro de Oia e tratar de impulsar a súa tramitación nos vindeiros meses.

Un viñedo, innovador escenario do XXIV Trofeo Montes de Eiras de ciclocross

O Trofeo Montes de Eiras de ciclocross celebra a súa 24 edición nun escenario moi especial. Esta fin de semana esta carreira organizada polo Club Ciclista O Rosal coa colaboración do Concello celebrarase por primeira vez nos viñedos da adega Terras Gauda, un circuíto único e innovador a nivel autonómico, xa que non existe ningunha outra competición ciclocross en Galicia que se desenvolva nunha paraxe similar.

Obradoiro do Plan para a implementación da Axenda 2030 na Guarda

Continúa avanzando o proxecto “A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación II”, que ten por obxectivo a elaboración dun Plan estratéxico para a Implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) no Concello da Guarda.

O Concello de Tui entregou un composteiro individual á Residencia Paz y Bien

O Concello de Tui continúa apostando pola compostaxe tanto individual coma comunitaria. Nesta liña de traballo a pasada semana fíxose entrega dun composteiro individual á residencia Paz y Bien, tras a solicitude realizada por este centro.

Pinocho chega a Goián en forma de teatro musical

O Concello de Tomiño continúa ofrecendo á veciñanza unha ampla programación cultural con actividades pensadas para o desfrute de todos os públicos e todas as idades.

O Grupo Antorcha cumpre 40 anos de intensa actividade

O Grupo Antorcha da Guarda cumpre neste ano o seu 40 aniversario, unha longa traxectoria que naceu no ano 1981 baixo o nome "Rondalla del Recreo Artístico Guardés", para pasar a chamarse “Rondalla cultural guardesa” e agora na actualidade Grupo Antorcha.

Rematadas as obras no pavillón deportivo municipal vello de Tui

A semana pasada remataron os traballos de mantemento do pavillón deportivo municipal vello de Tui. Con esta actuación, a Concellería de Deportes do Concello de Tui continúa co obxectivo marcado ao inicio deste mandato.

O Outono de libros baixa o pano coa ópera prima do escritor tudense Emilio Estévez

Tras seis semanas achegando á veciñanza a literatura de autores e autoras da comarca, o Outono de libros do Concello de Tomiño baixa o pano cunha presentación moi especial, a da ópera prima do tudense Emilio Estévez, ‘El Báculo de San Epitacio. Susana, Susana...’.

Cando a reciclaxe chama á porta no Rosal

O Concello do Rosal continúa coa súa aposta por achegar á veciñanza modelos máis sostibles e respectuosos co medio ambiente en todos os ámbitos, tamén na xestión de residuos.

Roberto Mera presenta o seu libro na Guarda

Os baixos da Casa do Concello acollerán o vindeiro venres, día 11 de novembro, a presentación do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, do avogado e politólogo Roberto Mera, publicado por Belagua Ediciones.