Martes, 16 Setembro de 2025

O Baixo Miño

Tomiño leva investido 908.000 euros na mellora das instalacións das traídas de auga veciñais

O Concello de Tomiño renova ano a ano o seu compromiso coas traídas veciñais, que traballan de forma totalmente desinteresada para optimizar a xestión dun recurso tan importante como é a auga para o seu consumo. Por este motivo, nos últimos sete anos o Concello investiu máis de 908.000 euros tanto na posta en marcha de diferentes liñas de axuda para analíticas ou para o mantemento, así como na realización de diferentes obras de melloras na rede de abastecemento, entre outras actuacións.

A diversidade e exuberancia vexetal dun xardín en Caldas de Reis, gañadora dos IV Premios Xardín Galego

Grandísimo nivel de participación na cuarta edición dos Premios Xardín Galego que cada ano conceden a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada, poñendo en valor o sector, promovendo a innovación e promocionando o sector da xardinería.

Case 200 obras de Castelao para desfrutar da obra e pensamento dun dos creadores galegos máis singulares

A evolución da obra artística de Castelao chega a Tomiño. O Mercado Municipal de Tomiño acolle dende o vindeiro 16 de febreiro ata o 17 de marzo a exposición ‘Castelao grafista (facsímile)’, unha mostra realizada en colaboración con Afundaciónque reúne unha ampla selección das múltiples facetas do rianxeiro.

O Concello de Oia contratará 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación

O Concello de Oia contratará un total de 7 persoas ao abeiro do Plan +Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra (liña 3, de activación do emprego). Os perfís que se solicitan son de condutor de maquinaria forestal (1 praza), albanel (2 prazas) e peón forestal (4 prazas), e en todos os casos se trata de contratos a xornada completa.

A Guarda contratará a 12 persoas desempregadas a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra

Ao abeiro do Plan Máis Provincia, Liña 3: Activación do Emprego, da Deputación de Pontevedra o Concello da Guarda contratará a un total 12 persoas en situación de desemprego como persoal temporal a xornada completa.

Luis Planas afirma na Guarda que a mellor aposta polo sector agralimentario en Galicia é Xosé Ramón Gómez Besteiro

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, incorporouse á caravana electoral socialista cun mitin no concello da Guarda, onde compartiu cartel coas candidatas Elena Espinosa e Fátima Rodríguez e o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, David Regades.

Ana Pontón comprométese en Tomiño a impulsar os proxectos estratéxicos para a comarca como a autovía ou o parque industrial

A candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, proseguiu a súa campaña electoral nun mitin en Tomiño, onde aproveitou a súa intervención para destacar algunhas das medidas para este concello e o conxunto da comarca que ten previsto desenvolver o Goberno que aspira a presidir. Pontón avanzou que, se os galegos e as galegas lle dan a súa confianza o próximo 18 de febreiro, Tomiño e o resto dos concellos da comarca van ter un aliado no seu executivo porque “precisan un goberno que reme a favor e non en contra, comprometido co benestar social e que aposte por mellorar os servizos públicos”.

Máis de 200 alumnos de 4º da ESO de Tui asistiron a unha nova proxección de ‘O Cine nas aulas’

Un total de 235 alumnos e alumnas de 4º da ESO dos IES San Paio e Indalecio Pérez Tizón, do Colexio Maristas Santa María e do Seminario Menor San Paio asistiron esta mañá no Teatro Municipal de Tui, no edificio Francisco Sánchez, a unha nova proxección de “O Cine nas aulas”. Nesta segunda cita do programa deste curso traballan cunha película onde se fala sobre o fracaso e o éxito, as familias, os logros ou desexos aos que aspiramos, e as drogas.

Tomiño adía o seu Venres de Foliada ao 23 de febreiro por cuestións meteorolóxicas

Tomiño adiará o seu tradicional Venres de Foliada dúas semanas. O Concello trasladará o desfile ao vindeiro venres 23 de febreiro, unha nova data establecida contando co parecer das comparsas e adaptando o agardado encontro a unha data na que non interrompera outras actividades xa axendadas por parte das entidades participantes.

Conta atrás para a programación de Entroido na Guarda, que traslada as actividades á Carpa instalada na Alameda

A programación de Entroido na Guarda está articulada fundamentalmente en torno ás actividades infantís e de animación musical, de xeito que entre o sábado e o luns á tarde haberá unha actividade festiva dirixida ás crianzas e familias seguida de animación musical a cargo dunha charanga da nosa contorna e o sábado á noite, Festa DJ a partir das 23.30 h, centralizándose toda a actividade na Alameda. As adversas previsións meteorolóxicas fixeron preciso trasladar as actividades que se ían celebrar noutros lugares á carpa situada na centrica alameda guardesa.

Luis López agradece os eloxios do alcalde socialista de Tui á Xunta do PP pola aprobación do programa Rexurbe e pide un “apoio...

“O plan aprobado pola Xunta e moi positivo para a cidade de Tui e cambiará para sempre o casco histórico. Hai que valóralo como moi positivo porque é algo moi bo para Tui e, hai que ser honestos, e recoñecer o traballo do director do Instituto de Vivenda da Xunta, ao que temos que trasladarlle a nosa gratitude porque sempreprestou moito interese por este proxecto”. Deste xeito, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, replicou as mesmas palabras do alcalde socialista de Tui, Enrique Caballeiro, ao que lle agradeceu os seus eloxios públicos ao traballo da Xunta.

O Concello de Tomiño contratará a 20 persoas desempregadas

O Concello de Tomiño incorporará este ano ao seu persoal a 20 traballadoras e traballadores contratados a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a activación do emprego. Como sinala a alcaldesa, Sandra González, estas novas incorporacións “supoñen unha oportunidade laboral para os tomiñeses e tomiñesas que están nestes intres na busca de emprego ao tempo que permitirán reforzar e mellorar diferentes departamentos municipais que precisan máis persoal de forma puntual ou nos que se realizan traballos estacionais”.