A Semana Santa impulsou os datos turísticos do mes de marzo en Tui, tal e coma constatan as estatísticas da Oficina Municipal de Turismo de Tui, no paseo da Corredoira. Durante o mes pasado neste punto de información turística foron atendidos 1.191 visitantes, unha cifra que supera nun 60% á rexistradas no mesmo mes de 2023.
O teatro ten o seu propio lugar nas festas de San Telmo xa que hai catorce anos se celebra a Semana de Teatro Amador na que os grupos locais poñen en escena as súas montaxes, na meirande parte dos casos elixindo precisamente esta cita para a estrea das obras. Dende a concellería de Cultura apostouse, coma lembra a concelleira Sonsoles Vicente, por brindar as compañías afeccionadas tudenses a oportunidade de actuar no Teatro Municipal nas mesmas condicións en que o fan as compañías profesionais. Esta iniciativa conta cada ano co respaldo do público que enche o patio de butacas para gozar das distintas representacións.
A OMIX do Concello da Guarda abre a inscrición para as dúas actividades programadas para este mes de abril. As actividades van dirixidas principalmente a mocidade pero naturalmente pode solicitar praza toda persoa que esté interesada.
O programa ‘Vacacións en paz’ busca familias de acollidas no Rosal. O Concello achega a súa colaboración a esta iniciativa da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) a través da que cada ano nenas e nenos procedentes dos campamentos de refuxiados saharauís de Tindouf pasan os dous meses de verán en Galicia.
A vida de Joshua Mateo é unha lección de superación. Fillo de Sesé Mateo, asasinada pola súa ex parella non 2017, con 25 anos e orfo pola violencia machista cambiou o seu rumbo laboral: deixou a informática para converterse en axente de Igualdade de Xénero e ofrecer charlas e talleres na comunidade educativa e a público adulto coa experiencia de quen ten vivido de primeira man a lacra da violencia de xénero.
O grupo socialista de Tomiño, no Pleno celebrado o día 14 de marzo, realizou unha pregunta sobre a situación na que se atopa a realización do novo prego de condicións para licitar a concesión da xestión do servizo público de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos, transporte á planta e limpeza viaria. Lembran as concelleiras socialistas de Tomiño que sobre esta cuestión xa se preguntara no pasado mes de decembro contestando o Goberno "que estaba sendo redactado por unha consultoría".
O Grupo Municipal Socialista da Guarda votou en contra, no último Pleno da Corporación aos orzamentos 2024 presentados polo goberno do PP que "amais de presentalos tarde, mal e a rastro", afirma a portavoz municipal socialista, Fátima Rodríguez, amosan unha "total falta de proxecto para A Guarda.
O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 23 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.
A OMIX de Tomiño dá os primeiros pasos para que a mocidade poida consumir produtos da horta cultivados por elas e eles mesmos, favorecendo unha dieta saudable e beneficiando ao medio ambiente. Faino organizando un curso de horticultura ecolóxica, un obradoiro no que o alumnado asistente poderá coñecer dun xeito teórico e práctico as bases da produtividade do cultivo ecolóxico e os labores en horticultura, afondando en que plantar, cando e como e aprendendo as claves de como manter a horta.
O Concello de Tui solicita a colaboración das persoas propietarias de terreos nas beiras do río Furnia para facilitar a eliminación de especies invasoras, nesta zona. Trátase de bambú que ten colonizado terreos de propiedades privadas lindeiras co dominio público hidráulico para evitar que se estendan e colonicen as ribeiras do río.
Unidos a través da historia dos seus cabaqueiros. Así están os concellos do Rosal, A Guarda e A Laracha, que xa están a dar os primeiros pasos para o irmandamento entre os tres municipios coa telleira como motivo condutor. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, mantivo un encontro co alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero; o rexedor da Laracha, José Manuel López; o concelleiro guardés Fernándo Reyes; a edil larachesa, Patricia Bello, e co cabaqueiro rosaleiro José Álvarez, Pepe O Buraco.
Eu Rural declara marzo como mes da muller. Co gallo do 8M, Día Internacional da Muller, ao longo das vindeiras semanas a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural dará protagonismo a todas as mulleres do territorio comprometidas e decididas que traballan día a día para crear un futuro mellor para o rural. Farao difundindo nas redes sociais as 14 pezas audiovisuais realizadas ao abeiro da terceira edición do Foro da Muller Rural, que deu voz a 16 mulleres emprendedoras para dar a coñecer uns proxectos que demostran de novo que o rural ofrece moito máis que sector primario.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.