Venres, 2 Maio de 2025

O Baixo Miño

O PSOE da Guarda alerta, “a senda do Trega cada día máis lonxe de ser unha realidade”

O Grupo Municipal Socialista da Guarda vén de facer pública unha nota de prensa na que alerta sobre o feito que “a Senda do Trega esta cada dia máis lonxe de ser unha realidade” e lembra que o anterior goberno que presidia Antonio Lomba, tiña destinada unha partida para esta actuación. O PSOE fai fincapé que a traves do Plan de Turismo, “a través do que acadamos 1.000.000 € para diversas iniciativas en materia de turismo incluíase, entre outras, esta senda”.

O Rosal prepara un verán de lecer para toda a infancia do municipio

O Rosal prepara unhas vacacións estivais cheas de lecer para nenos e nenas. O Concello abre ás 09.00 horas do vindeiro martes 14 de...

O Concello de Tui desenvolve seións informativas nos centros educativas dando a coñecer o grupo de participación ParTUIcipando

Saltar al contenido principalIr a la barra de herramientas Menú Acerca de WordPress Comarcas na Rede 1 actualización de WordPress, 19 actualizaciones de plugins, 3 actualizaciones de temas Hola, Alfredo EstévezAvatar Salir Añadir una nueva entrada Guardar como borrador Vista previa Publicar Añadir el título O Concello de Tui desenvolve seións informativas nos centros educativas dando a coñecer o grupo de participación ParTUIcipando Tui conta dende o ano pasado cun grupo de participación infantil e xuvenil, ParTUIcipando, cuxo obxectivo é dar voz á poboación infantil e xuvenil, coñecer as súas inquedanzas, suxestións,… e logo trasladalas ao goberno local. Co obxectivo de seguir dando a coñecer este grupo a semana pasada comezaron unha serie de sesións informativas nos centros escolares tudenses para trasladar ao alumnado a posibilidade de formar parte deste grupo no que se abordan as temáticas que elas e eles mesmos deciden.

Unha andaina interpretativa pola Senda dos Pescadores permitirá coñecer O Rosal “recuncho a recuncho”

O Concello do Rosal continúa coas súas andainas interpretativas, pequenos percorridos pola contorna do municipio para descubrir e poñer en valor o patrimonio histórico, cultural, paisaxístico e natural dun xeito ameno, sinxelo e divertido. O domingo 19 de maio será a quenda da segunda saída, un percorrido pola Senda dos Pescadores do río Carballas (Tamuxe) totalmente balizado e plano que levará ás e aos participantes pola beira do río.

O Centro Cultural de Mougás, Oia, acollerá unha charla informativa sobre alimentación e fibromialxia

O Centro Cultural de Mougás acolle este venres 10 de maio ás 19.30 horas unha charla informativa sobre alimentación e fibriomialxia, conferencia que será impartida polo dietista e nutricionista Adrián Martíns Salinas baixo o título A importancia da alimentación na fibromialxia. Trátase dunha actividade aberta dirixida a todas as personas interesadas no tema.

O Concello do Rosal programa unha trintena de actividades para desfrutar da primavera

O Rosal prepárase para desfrutar da primavera cunha morea de actividades para todos os gustos, idades e públicos. Durante os meses de maio e xuño, o concello acollerá unha trintena de propostas nas que literatura, música, andainas, teatro, deporte ou festas tradicionais camiñarán da man para ofrecer “unha ampla programación que amosa o noso compromiso por contar cunha experiencia cultural e de lecer rica e diversa para toda a veciñanza”, como salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar o Día das Letras Galegas

Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das Letras Galegas, facendo unha festa en torno á lingua, destacando a súa riqueza e importancia como lingua viva e de creación, co obxectivo de amosar a riqueza das manifestacións culturais que se están a facer actualmente en galego, falando da nosa idiosincrasia e das nosas costumes. Por iso deseñou para o domingo 19 de maio unha xornada na Praza do Reló da Guarda, na que concentrar actividades lúdicas e festivas para tódolos públicos, gustos e idades.

O PP de Tui denuncia que no se ofrezan alternativas aos praceiros ante o peche do mercado municipal por máis de 5 semanas

O mercado municipal de Tui pechará as súas portas e cesará toda a súa actividade comercial durante alomenos 5 semanas, a partir deste luns, día 6 de maio, sen dar alternativa ningunha aos praceiros e praceiras e, segundo o PP tudense, incumprindo o compromiso dado pola Alcaldía no sentido que durante as labores de remodelación poderían seguir coa súa actividade ao levarse a cabo as obras en dúas fases.

Tomiño abre case que 500 expedientes para a limpeza de fincas intensificando a loita contra os lumes forestais

O Concello de Tomiño redobra os seus esforzos na loita continua contra os incendios forestais, unha ameaza constante na contorna forestal máis urbana e máis próxima aos núcleos habitados. Co obxectivo de garantir a seguridade e a preservación dos espazos naturais, o Concello tramitou no 2023 un total de 174 denuncias, 48 delas de oficio, e abriu 497 expedientes por incumprimento das labores de xestión da biomasa.

O PP de Tui oporase a todo incremento de impostos “ata que non haxa un plan económico no Concello”

O grupo municipal do PP de Tui vén de anunciar que presentarán alegacións contra a suba do Imposto de BensInmobles (IBI) que foi aprobada no pleno do pasado 1 de abril cos votos do goberno socialista e do BNG, o que repercutirá directamente na cidadanía ó incrementarse case nun 20 % o importe do recibo deste imposto.

A guardesa Bárbara Domínguez González, nova secretaria de Galeguidade e Emigración da executiva nacional galega do PSdeG

Este pasado domingo tivo lugar o congreso extraordinario do PSdeG en Santiago de Compostela onde foi proclamado José Ramón Gómez Besteiro como secretario xeral e o resto de compoñentes que conforman a comisión executiva nacional galega. A executiva está conformada por 40 persoas entre as que se atopa a guardesa Bárbara Domínguez González, que ocupará a Secretaría de Galeguidade e Emigración.

O PSOE tomiñés denuncia a “inacción” do Goberno municipal ante a praga de moscas

Tomiño está a sufrir unha nova explosión de praga de moscas e, unha vez máis, a veciñanza síntese abandoada e reclama solucións xa. O PsdeG-PSOE lembra que leva "dende o primeiro momento" preocupándose, denunciando, preguntando, reuníndose con afectados, presentando mocións ao Pleno e iniciativas ó Parlamento de Galicia, iniciativas que, afirman, "foron vetadas e que acarrexaron intimidacións ás Concelleiras socialistas no seu día". "É tal a desesperación que moitos veciños e veciñas están prantexándose pechar os seus negocios e marchar do municipio", afirman as concelleiras socialistas no Concello de Tomiño.