Mércores, 9 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño consolida o seu innovador programa Encaixa-T

Tomiño segue traballando para ser un referente en políticas de infancia e adolescencia. O Concello vén de aprobar en pleno a renovación do convenio con Aldeas Infantís SOS de Galicia para consolidar o programa Encaixa-T.

Os horarios dos autobuses de Tui a Vigo cambiarán desde o xoves ante a aumento dos usuarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade modificará desde o vindeiro xoves, día 28 de setembro, horarios nos servizos de autobús entre Tui e Vigo para atender axeitadamente o aumento de usuarios rexistrados.

A prolongación da autovía Tui-A Guarda vén de acadar o visto e prace ambiental

O proxecto de prolongación da autovía Tui-A Guarda entre a estrada autonómica PO-350 e Estás vén de acadar o visto e prace ambiental.

O obradoiro Tecendo Lazos “Madurez activa e comunidade” chega á Guarda no mes de outubro

O vindeiro 6 de outubro dará comezo o obradoiro Tecendo A Guarda, unha actividade orientada para que as persoas participantes dediquen parte do seu tempo de lecer a compartir espazos e experiencias á vez que elaboran distintas pezas creativas.

O Rosal distribuirá bolsas de tea e materiais reciclables para impulsar o comercio local

O Rosal continúa traballando para poñer en valor o comercio local, nesta ocasión a través dunha acción posta en marcha ao abeiro do proxecto ‘Da túa man’, unha campaña que busca promocionar que a veciñanza merque nos comercios rosaleiros e fomentar a sostibilidade e a economía circular no municipio.

Máis de 1.000 nenos de Tomiño e Cerveira coñecen ‘A pequena gran historia’ da Eurocidade

Para conmemorar o Día da Cooperación Europea, a Eurocidade Cerveira-Tomiño entregou este mércores a guía turística ‘A pequena gran historia - Eurocidade Cerveira-Tomiño’ a máis de 1.000 nenos de entre 6 e 12 anos de ambos os dous concellos.

Aberta a inscrición para Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Tui

Até o venres 28 deste mes de setembro está aberto o prazo de inscrición para cubrir as prazas vacantes no Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Tui.

O herbario de Rosalía desembarca no Rosal

Rosalía de Castro chega ao Rosal co seu particular herbario. O Salón de Exposicións do Concello acolle a mostra ‘O Herbario de Rosalía’, unha mostra con 40 imaxe.

Tomiño móllase un ano máis polos ríos

Tomiño implícase un ano máis coa limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, Adega, ao abeiro do Proxecto Ríos.

A Guarda acolle este sábado a Romaría de Santa Trega

O vindeiro sábado día 23 de setembro A Guarda acolle, un ano máis, a Romaría de Santa Trega, un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.

Oia dá os primeiros pasos para a mellora e humanización da Estrada Vella

O Concello de Oia continúa a traballar para mellorar a accesibilidade e seguridade de distintos puntos do municipio a través de actuacións que, ao mesmo tempo, permitan gañar espazos públicos de calidade para a veciñanza.

Medio centenar de participantes no Concurso Nacional de Saltos en Tui

As instalacións do Club Hípico Equigalia acollerán esta fin de semana un Concurso Nacional de Saltos que vai reunir a medio centenar de destacados xinetes e amazonas.