Luns, 15 Setembro de 2025

O Baixo Miño

A Guarda mellora o subministro de auga na zona da Depuradora

Operarios municipais traballan dende fai unha semana na substitución dun tramo da rede de subministro de auga na zona da subida da E.D.A.R. da Guarda. Estas obras realízanse despois de terse detectado numerosas incidencias no subministro nesta zona, polo que se decidiu realizar a substitución completa da tubaxe de subministro de auga ao longo de máis de 200 metros.

O número 6 da revista Castellum Tyde achega once artigos e dúas crónicas de actividades

Onte presentouse na casa do concello de Tui o número 6 de revista “Castellum Tyde” publicada polo Instituto de Estudos Tudenses, IET, co patrocinio do Concello de Tui. No acto estiveron presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o presidente do Instituto de Estudos Tudense, Xabier Añoveros.

Mellora do entorno do Parque de Laxe Grande na Guarda

A pasada semana comezaron as obras de mellora do entorno do Parque de Laxe Grande da Guarda, unhas obras que inclúen a reposición do firme e da area do parque infantil, reparación dos camiños interiores, reparación da fonte e substitución integral da balustrada de pedra.

Do 1 ao 9 de setembro celebrarase o programa de conciliación Igual É +

Do 1 ao 9 de setembro vaise desenvolver o Programa de Conciliación "IGUAL É +” dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no concello de Tui. A Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade pon en marcha esta actividade para promover a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. O obxectivo é fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares incorporando a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes nos nenos e nenas que participen neles.

Música tradicional e jazz para poñer o punto e final a programación de verán do Rosal

Os Folieiros actuarán este xoves 27 de agosto na Capela de San Vicente e Xacome Martínez Antelo Trío o venres 28 no lateral da Igrexa das Eiras

As praias de Bandeira Azul da Guarda contan xa con novo material para dar “resposta eficaz” a calquera posible incidente

O servizo de socorrismo das praias de Area Grande e O Muíño conta xa con novo material e equipamento de cara a dar unha resposta, o máis rápida posible, a calquera incidencia que se poida presentar en calquera destes dous areais guardeses. Fende xullo a setembro, Area Grande e o Muíño contan con servizo de socorrismo e, durante estes meses, foron recibindo o equipamento previsto para esta tempada que debido a situación sanitaria foise atrasando.

O rosal inicia os trámites para a recuperación da contorna da ermida de San Vicente

O goberno municipal mantivo unha reunión esta semana con distintas personalidades coa intención de traballar conxuntamente na posta en valor e recuperación do entorno da ermida de San Vicente, situada no lugar de Marzán. Á reunión acudiu a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, xunto cos concelleiros Carlos Villanueva, Ramón Fernández e a técnica forestal como representación do Concello.

Tomiño consolida a implementación da compostaxe para mellorar a xestión do lixo no municipio

O Concello de Tomiño presentou onte á veciñanza a segunda fase do Plan Revitaliza de compostaxe individual e comunitario, procedendo á entrega da 1ª remesa de composteiros (30 unidades) a cidadáns que levaban tempo agardando por eles. A alcaldesa Sandra González, –que estivo no acto acompañada pola concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro– agradeceu "o interese da cidadanía por contribuír á redución do lixo que xera o municipio e cuxo transporte e tratamento ten custes moi elevados, non só dende o punto de vista económico, senón tamén ambiental".

A Deputación cualifica de “éxito absoluto” a carpa informativa do programa ‘Revitaliza’ instalada en Tui

A carpa informativa do Plan Revitaliza da Deputación tivo hoxe un “éxito absoluto” na súa visita a Tui. As mestras e mestres composteiros atenderon ao longo da mañá a preto de medio milleiro de persoas interesadas na compostaxe e en como conseguir un composteiro individual (COIN) para a súa casa con horta ou en como compostar nos composteiros comunitarios. A afluencia de persoas foi continua e xa ao mediodía xa se formalizaran máis de 20 inscricións para dispoñer dun composteiro individual.

A Guarda instala na praza de abastos colectores para residuos de aparellos eléctricos e electrónicos ao abeiro do ‘Proxecto Estraee’

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda ven de instalar no andar superior da Praza de Abastos da localidade 3 colectores para depositar residuos de aparellos eléctricos e electrónicos:móbiles e tablets, pilas e baterías e cargadores e cables. Esta acción realízase ao abeiro do o proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do 'lixo electrónico' promovido pola Deputación de Pontevedra.

O recinto escolar do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián será ampliado en máis de 1.500 metros cadrados

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez, presentou ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, as obras...

Caminha e A Guarda acollen o 21 e 22 de agosto o ‘I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño’

A Câmara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda, ultiman xa os preparativos para o que será a primeira edición do 'Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño', un evento cultural que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños a ámbalas dúas ribeiras do Río Miño.