Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Concello saca a licitación as obras de reforma da Praza de Abastos do Rosal

O Concello vén de sacar a licitación o contrato das obras de reforma da Praza de Abastos do Rosal, unha remodelación interior do mercado sen afección estrutural coa que se busca adecuar o espazo aos novos estándares de confort mediante a redistribución dos postos, o cambio de materiais e de iluminación e a transformación dos servizos existentes. A licitación publicarase este xoves 17 de setembro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra coas correspondentes especificacións e criterios de selección.

Ernesto Iglesias Alemida, cronista oficial de Tui, presenta hoxe xoves dous novos libros

Este xoves, 17 de setembro, ás 20 h no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) terá lugar a presentación das últimas publicacións editadas polo investigador tudense Ernesto Iglesias Almeida. Trátase de 'Historia militar de Tui a través de los siglos' e 'Os muíños do concello de Tui'.

Tui acolle este venres un curso sobre a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver este segundo semestre do ano un amplo programa formativo dirixido a mellorar o manexo silvícola do monte. Esta semana ten previsto un curso en Tui no que se abordará a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes. Será o venres 18 en horario de tarde no local social Monte das Penizas.

A Policía Local e Protección Civil de Tomiño reciben formación especializada en violencia de xénero

Os integrantes da Policía Local e protección Civil de Tomiño asistiron durante dous días a un obradoiro de formación contra a violencia de xénero, organizado pola Oficina Municipal de Igualdade, co fin de proporcionar aos axentes destes colectivos as ferramentas teórico-prácticas para enfrontarse aos casos de violencia doméstica ou familiar que se produzan no municipio.

Abertas as inscricións para o ‘Trail do Trega’ 2020

O Trail do Trega, que se celebrará na Guarda o día 11 de outubro, nunha das probas máis importantes polo desafío que afrontarán os participantes nos 14 quilómetros de percorrido. As inscricións xa están abertas na web traildotrega.com a partir de hoxe e tamén para o roteiro de sendeirismo.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda segue denunciando o deterioro “dun servizo público esencial para a cidadanía”

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda vén de chamar a atención, unha vez máis, polas deficiencias que, dende hai meses padece o Centro de Saúde da Guarda que, dun cadro de persoal de 8 médicos e médicas, na actualidade "dispón soamente de catro e ás veces menos". A situación que asegura a plataforma, "nunca pode ser aceptable" transfórmase neste momento de pandemia do coronavirus "nunha auténtica irresponsabilidade por parte das autoridades sanitarias da Xunta de Galicia".

O Sergas ten activo un teléfono para facilitar a detección e seguimento de casos de persoas que non residan en Galicia

O Servizo Galego de Saúde mantén operativo un procedemento específico para a detección e seguimento de persoas procedentes doutras comunidades autónomas ou doutros países e non residentes en Galicia que estea na comunidade de vacacións ou de paso e que poidan presentar síntomas de coronavirus.

Tomiño agradece cun sentido homenaxe a todas as persoas que colaboraron durante a pandemia

O Alivio celebrouse de forma diferente este ano. Co aforo limitado e todas as medidas de seguridade, a Praza do Seixo acolleu o sábado pasado o peche das festas co tradicional acto cívico e cun concerto da Agrupación Musical de Goián.

O Centro Municipal de Formación acolle un Punto de Información, Orientación e Prospección para persoas con discapacidade

O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, situado en Guillarei, conta cun Punto de Información, Orientación e Prospección dirixido a persoas con discapacidade. Este servizo está recollido no convenio de colaboración asinado esta mañá entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente de COGAMI, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Anxo Queiruga.

Inicio do curso escolar no Conservatorio de Música na Guarda con novos protocolos polo Covid-19

O Alcalde da Guarda e a tenente de alcalde visitaron as instalacións e mantiveron diversas xuntanzas co equipo directivo e profesorado para valorar e por a disposición todos os recursos necesarios para o cumprimento de todas as medidas sanitarias neste recinto, onde se tiveron que facer algunhas melloras, instalación de sinalécticas, cartaces, cambios de aulas, disposición de hidroxel, entre outras. Dende o Concello trasladóuselle ao director que se reforzará a desinfección no inmoble. Así mesmo o director do centro explicou a nova distribución de espazos para cumprir coas distancias de seguridade.

Tui abre hoxe martes o prazo de presentación de solicitudes ás axudas municipais de material escolar e comedor

Hoxe martes, 15 de setembro, o Concello de Tui vén de abrir o prazo de presentación de solicitude das axudas municipais de material escolar e comedor dirixidas ao alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria para o curso 2020/21. Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias con dificultades socioeconómicas e dificultades para conciliar a vida familiar e laboral.

Sanidade reunirase dúas veces por semana co Concello do Rosal para o seguemento da situación epidemiolóxica

No día de hoxe tivo lugar a primeira dunha serie de reunións por videoconferencia que a Consellería de Sanidade manterá dúas veces por semana cos rexidores dos concellos de A Guarda, O Rosal e Tomiño, con motivo dos brotes vividos nos últimos días nestes municipios. O obxectivo destos encontros será valorar a situación e a evolución de xeito frecuente, e facilitar aos concellos os datos relativos aos casos activos que hai en cada momento.