Mércores, 9 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Rosal aprobas as bases para a concesión de subvencións para actividades sociais

Por primeira vez na súa historia, O Rosal conta cun Plan Estratéxico de Subvencións, unha ferramenta a través da que realizar unha planificación detallada a medio e longo prazo das axudas ao tecido asociativo. Neste marco, o Concello aprobou este xoves 24 en pleno as bases e a convocatoria para a concesión de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades sociais durante 2020. A estas axudas destinarase un orzamento de 5.000 euros.

Tomiño participa na limpeza simultánea de ríos impulsada por Adega

Como cada ano o Concello de Tomiño colaborará coa limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) ao abeiro do Proxecto Ríos. O vindeiro 27 de setembro voluntarios e voluntarias participarán nesta actividade que, baixo o lema de ‘Móllate polos ríos’, promove a retirada de lixo da beira dos ríos, coa que se busca achegar un gran de area na conservación dos ecosistemas fluviais e concienciar á veciñanza.

Recoñecemento no Rosal ás mulleres artistas silenciadas coa acción de Mónica Sueiro no programa provincial “Violencia Zero”

“Subterránea” é a peza coa que a artista Mónica Sueiro reivindicou na praza do Calvario do Rosal ás mulleres pintoras e artistas que foron silenciadas ao longo da historia, ante ao redor de 60 persoas entre as que se atopaban o alumnado e profesorado de 6º de Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier e integrantes da Asociación Avelaíña.

O programa ‘EncaixaT’ preséntase á comunidade educativa de Tomiño no Consello Escolar Municipal

O Consello Escolar Municipal de Tomiño celebrou o pasado 18 de setembro a súa primeira reunión deste novo curso para abordar todas as novidades do vindeiro ano escolar. Durante este encontro, os e as integrantes do consello, composto por representantes de todo o tecido educativo, económico, social... tomiñés, coñeceron de primeira man o programa EncaixaT, un proxecto pioneiro co que se busca dar apoio ás familias que máis o necesitan dende un enfoque integral, positivo e participativo

O Rosal adapta o seu auditorio municipal á nova realidade

O Concello do Rosal vén de levar a cabo os traballos de modificación do auditorio municipal para adaptar estas instalacións á nova realidade. Deste xeito, nos últimos días retiráronse varias filas de butacas e procedeuse á ampliación do escenario para poder garantir o mantemento das distancias de seguridade durante o seu uso tanto por parte da Escola de Música como durante os ensaios da Agrupación Musical do Rosal, con máis de 80 integrantes.

O Concello de Tui condena as pintadas rexistradas no conxunto histórico nas últimas xornadas

O Concello de Tui condena as distintas pintadas rexistradas ao longo dos últimos días no conxunto histórico de Tui.   A rúa Sanz, tanto o...

O Concello reúnese coa Xunta para falar do desenvolvemento da área industrial do Rosal

O Concello do Rosal mantivo este mércores 23 de setembro unha reunión con responsables do Instituto de Vivenda e Solo (IGVS) para abordar a situación na que se atopa na actualidade o parque empresarial supramunicipal A Guarda-O Rosal. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, acudiu ao encontro co director xeral do IGVS, Heriberto García, acompañada polo equipo técnico redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Rosal, que se atopa nestes intres en pleno desenvolvemento.

Tui reflexiona sobre as posibilidades do territorio no futuro post-covid co gallo do Día Mundial do Turismo

Este domingo, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo. Este ano celébrase baixo o lema “O turismo e o desenvolvemento rural” que quere expresar a capacidade excepcional do turismo para crear oportunidades no ámbito non urbano e coma instrumento eficaz para a preservación do patrimonio cultural e natural.

Unidade Móbil de inspección técnica de turismos en novembro e decembro na Guarda

A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións: ·Do 26/11/2020 ao 04/12/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda) ·Do 09/12/2020 ao 09/12/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda)

Tomiño leva a pleno un proxecto piloto de mobilidade transfronteiriza para compartir bicicletas eléctricas

O Concello de Tomiño celebrará este xoves 24 de setembro un pleno ordinario ao que se levará, entre outros temas, a aprobación dun proxecto piloto de mobilidade transfronteiriza suave no que as bicicletas serán as protagonistas. Deste xeito, a través dun protocolo de colaboración, o Agrupamento de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Rio Minho) quere implantar un sistema para compartir bicicletas eléctricas co que fomentar a mobilidade sustentable entre os concellos da raia.

A Banda de Música Popular de Tui lamenta que o Concello impídalles ensaiar no Conservatorio Municipal onde o facían dende hai 18 anos

A Banda de Música Popular de Tui vén de facer público un comunicado no que expresa o seu "malestar e descontento" co Goberno Municipal e co Conservatorio e Escola de Música Municipal de Tui, tras "a súa negativa constante nos últimos meses de ensaiar no Conservatorio Municipal, lugar onde levabamos 18 anos desenvolvendo a nosa actividade".

O Baixo Miño e o Condado-Paradanta apostan pola rede ‘Ágora’ da Deputación para recuperar espazo público para as persoas reducíndollo aos coches

Tres de cada catro municipios da provincia, un total de 44, formalizaron a súa adhesión á rede ‘Ágora’ de concellos pola recuperación do espazo público impulsada pola Deputación. Trátase dun proxecto do departamento de Mobilidade que ten como obxectivo que os municipios da provincia multipliquen o espazo destinado ás persoas nas vilas, cidades e calquera núcleo de poboación reducíndoo aos vehículos a motor.