romover a protección do medio ambiente, o respecto cara ao mar ou poñer en valor a figura feminina na cultura mariñeira. Estes son algúns dos obxectivos do Escape Room REMA 360, unha actividade aberta á participación do alumnado de 1º e 2º da ESO dos centros do litoral galego.
A Xunta de Galicia entregou tendas de campaña para a atención e despregamento en situacións de emerxencia ás agrupacións de Protección Civil de Lalín, Caldas de Reis, Valga, Cambados e Tomiño para reforzar a atención cidadá e a xestión destes operativos na área territorial de Pontevedra.
O Concello de Tui vén de ampliar a capacidade de depósito do Arquivo Municipal de Tui coa instalación de novos módulos de armarios tipo compactus para a documentación administrativa do Concello tudense. Coa instalación destes novos módulos o Arquivo Municipal tudense incrementa en máis de 80 metros lineais de estantes a capacidade dos seus depósitos.
O Concello do Rosal segue a dar pasos para a posta en marcha do novo mercado municipal, un espazo vivo no que fomentar a compra de produto local e que dinamice económica e socialmente o núcleo urbano do Calvario.
O Concello da Guarda ven de encargar un informe á Policía Local da Guarda para que instrúa as dilixencias que conduzan a dar co responsable ou responsables do que se considera unha "barbaridade medioambiental" despois de ter coñecemento dunha recente tala dunha árbore na Praza de San Roque.
A Policía Local de Tui levou a cabo na fin de semana controis en distintos puntos do termo municipal para comprobar o cumprimento do peche perimetral. Un dos puntos onde se realizou o control foi o Paseo da Corredoira onde o sábado entre ás 18:15 h e ás 20:30 h realizou o control de máis de 60 vehículos.
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, ven de anunciar un cambio de horarios na atención que se presta aos cidadáns no Punto Limpo do municipio, ampliando o horario de apertura de xeito que se facilita o acceso a este servizo.
Veñen de rematar as obras da primeira fase da humanización da rúa Colón que se executaron nos últimos meses. Supuxeron un investimento de 314.000 euros, financiados con cargo ao Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.
A voceira de Pesca do Grupo Parlamentario Socialista, Patricia Otero, mantivo unha xuntanza de traballo cos palangreiros de superficie da Guarda en compañía do alcalde guardés, Antonio Lomba, para escoitar de primeira man as necesidades do sector e para coñecer a problemática relacionada coa pesca e comercialización do maraxo. No encontro participou tamén a deputada socialista por Pontevedra Leticia Gallego.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo-A Guarda quere animar ás persoas emprendedoras dos concellos da súa área de influencia (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda) a solicitar as liñas de axudas que proveñen da Consellería do Mar e do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e que canaliza esta entidade.
O Concello do Rosal continúa traballando para levar a cabo unha xestión global dos residuos cada vez máis sostible e respectuosa co medioambiente, fomentando entre outros aspectos a compostaxe.
O Concello da Guarda adxudicou a redacción do Proxecto para a construción dun Pumptrack para a práctica deportiva que estará emprazado no entorno da Atalaya no Porto da Guarda.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.