Martes, 8 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño conta cunha completa axenda cultural en xullo

O verán cultural de Tomiño oferta numerosas e atractivas actividades, entre as que destacan o cine familiar, para persoas adultas e a música (dentro do ciclo O Son da Praza) a través dos máis diferentes estilos.

Aberta a inscrición en catro novos obradoiros de verán para a mocidade do Rosal

O Concello do Rosal continúa facendo propostas para que a mocidade poida desfrutar este verán dun programa de lecer variado e moi participativo. Por este motivo abre a inscrición a catro novos obradoiros monográficos dunha única xornada.

“A Guarda Diversa” programa esta fin de semana accións para dar visibilidade ao colectivo LGTBIQ+

O Concello da Guarda, a través do Centro de Información á Muller e da Concellería de Igualdade coa colaboración de Sara Uris- responsable do proxecto Transformando Realidades-, continúa un ano máis co proxecto “A Guarda Diversa”

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, a resposta a un clamor popular por unha atención sanitaria digna

Logo do pasado luns, luns negro no Centro de Saúde de Tomiño, veciños e veciñas de Tomiño decidiron dicir "basta", organizarse e loitar pola sanidade pública no concello tomiñés, dar un paso adiante para acadar o que por xustiza lles corresponde: unha sanidade pública digna.

O Rosal prepara un verán con 30 actividades en todas as parroquias

O Rosal prepárase xa para un verán cheo de cultura. O Concello apostou este ano por unha completa programación ao aire libre con 30 actividades para todos os públicos coas que se percorrerán diferentes barrios.

Tomiño ofrece á mocidade cursos de verán en contacto coa natureza

Coa chegada do verán, o Concello de Tomiño organiza a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) distintas actividades en contacto coa natureza para realizar ao aire libre.

Guadi Galego realiza unha colaboración co Coro do Conservatorio da Guarda

O Auditorio de San Benito vibrou o pasado sábado co concerto do Coro do Conservatorio Municipal e a colaboración especial de Guadi Galego.

Tui xa ten a súa propia Guía Turística da Red de Juderías

O Parador Hostal Reis Católicos en Santiago de Compostela acolleu onte o acto de presentación das Guías Turísticas das Xuderías de Tui, Monforte de Lemos e Ribadavia, as tres cidades que forman parte en Galicia da Red de Juderías de España.

O Concello de Tomiño lamenta “o desleixo” do Sergas ante o estado da Atención Primaria no municipio

Meses despois de manter unha entrevista co conselleiro de Sanidade e logo de múltiples reunións periódicas co persoal do Centro de Saúde, o Concello de Tomiño constata que a precaria situación da Atención Sanitaria no municipio continúa sen estar resolta.

O Rosal, un clamor en defensa do servizo de Atención Primaria

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza do Calvario do Rosal para denunciar, unha vez máis, as carencias do servizo de Atención Primaria que está a sufrir municipio dende hai tempo e pedir que se lle poña freo ao progresivo desmantelamento.

O futuro Arquivo da Imaxe de Tomiño suma 300 novas fotos achegadas pola veciñanza

Hai cousa de dous meses e medio que o Concello de Tomiño emprendeu a 2ª fase da creación do Arquivo da Imaxe Municipal, solicitando a colaboración de todas aquelas persoas da zona que tiveran fotos antigas nas súas casas.

Aprender a facer piragüismo está na axenda de verán do Rosal

O Concello do Rosal pon en marcha un novo obradoiro este verán ao abeiro da programación de lecer destinada á mocidade rosaleira. Nesta ocasión será un curso de 8 horas de piragüismo dirixido a rapaces e rapazas de máis de 12 anos.