Luns, 7 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Tomiño renovará o tramo municipal da estrada de San Salvador de Tebra

O Concello de Tomiño vén de adxudicar as obras de “MELLORA do VIAL SAN SALVADOR DE TEBRA” que consistirán na renovación completa do vial SST-001, de titularidade municipal, no tramo 0-0,2km.

O talento será o protagonista na I Mostra Creativa do Baixo Miño

Esta iniciativa pretende impulsar e dar visibilidade a gran cantidade de marcas e talentos creativos que temos na nosa localidade, pero tamén en todo o Baixo Miño.

Baiona, O Porriño, Salceda e Tomiño, beneficiarios das novas achegas do Plan Concellos da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas da Liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2021 por importe de 2,2 millóns de euros (2.253.705€) que beneficiarán a doce concellos da provincia.

A unidade móbil de doazón de sangue visita O Rosal o vindeiro xoves 22 de xullo

Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos visitará o concello do Rosal este mes de xullo. O vindeiro xoves 22 un autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Praza do Calvario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas para todas aquelas persoas que queiran acudir a doar.

A deputada socialista Leticia Gallego denuncia o “caos da atención primaria” en Tomiño e na Comarca do Baixo Miño

A deputada socialista Leticia Gallego estivo hoxe en Tomiño, acompañada por membros da Agrupación Socialista encabezados pola secretaria xeral Violeta de Santiago e a concelleira Mirta Misa, para denunciar a caótica situación da Atención Primaria nesta localidade e na comarca do Baixo Miño.

Tomiño adxudica obras para a ampliación da área de preferencia peonil

O Concello de Tomiño vén de adxudicar as obras de “Integración do Campo da Feira no espazo público peonil do núcleo do Seixo”.

O pavillón municipal do Rosal estreará un pavimento mellorado

O Concello está a piques de rematar as obras de renovación do pavimento do pavillón municipal do Rosal, uns traballos de mellora das instalacións que permitirá empregar esta importante infraestrutura “para practicar deporte de xeito intensivo e seguro, diminuíndo o risco de lesións das e dos xogadores en adestramentos e competicións”.

A praia do Muíño da Guarda xa luce o distintivo de Bandeira Azul

No mes de maio a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán.

Tui despide aos membros do equipo olímpico uruguaio de remo concentrado en Tui e que partiu cara Tokio

Hoxe partiron dende Tui cara Toquio os membros da selección uruguaia de Remo que estiveron concentrados na cidade dende o pasado 12 de xuño. En concreto participarán nos Xogos Olímpicos Bruno Cetraro, que será o abandeirado da delegación uruguaia, e Felipe Kluver, xunto ao adestrador Osvaldo Borchi.

‘Volanteiro no Camiño’ peregrina pola historia e a paisaxe entre A Guarda e Redondela

O volanteiro da Asociación Piueiro asucará desde mañá venres a costa para homenaxear o Camiño Portugués. 'Volanteiro no Camiño' é unha iniciativa gratuita na que intégranse varias rutas e á que están convidado todos os que o desexen, cun límite de oito a seis persoas por viaxe.

Concello e Deputación seguen traballando para facer realidade o acceso sur do porto da Guarda

O proxecto do acceso sur do porto da Guarda foi redactado pola Deputación, a solicitude do alcalde, Antonio Lomba, no ano 2018. A propia administración provincial está a facerse cargo da tramitación diante dos diferentes organismos para a obtención dos informes sectoriais necesarios para poder executar a obra.

Teatro familiar con “A Illa sen Tesouro” este xoves na Guarda

O Auditorio de San Benito da Guarda acolle este xoves día 15 de xullo ás 20:30h a obra de teatro familiar “A Illa sen Tesouro”.