Domingo, 20 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Rosal xa desfruta do seu novo ecoparque O Sobreiral

O Rosal xa desfruta do seu ecoparque O Sobreiral, un novo espazo que combina lecer e inclusividade no centro do municipio. O Concello estreouno cun magosto no que participaron moitos veciños e que contou coa axuda da U.D Ribera, O Club Ciclista O Rosal, a Agrupación Musical do Rosal e o Acanor Novás Valinox.

A Oficina de Turismo de Tui atendeu a máis de mil visitantes ao longo da primeira semana de decembro

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui ten rexistrado nesta primeira semana de decembro un alto número de persoas atendidas; en concreto, un total 1.094 visitantes. Do total de persoas que pasaron por este punto de información turística a gran maioría, 1.006 persoas eran turistas, e 88 peregrinos.

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Oia mañá luns 13 de decembro

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia o luns 13 de decembro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse a doar.

Obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos na Biblioteca Municipal

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Tui, catro obradoiros dirixidos aos rapaces e rapazas con idades entre os 5 e os 12 anos de idade. Os interesados deben inscribirse previamente ben persoalmente na propia Biblioteca ou a través do correo electrónico [email protected].

O alcalde da Guarda amosa a súa sorpresa ante o comunicado da directiva do Atl. Guardés

Tendo en conta a relación cordial que ven mantendo o concello coa directiva do club resulta unha sorpresa este comunicado cheo de descualificacións e xuízos de valor que non expresan en absoluto nin a realidade do proxecto, nin o ton dos contactos e reunións que se veñen mantendo entre club e concello.

Oia suma un novo veciño centenario

Oia conta desde esta semana cun novo veciño centenario. Trátase de José Miranda Treinta, coñecido no municipio como “Pepe, o Zapateiro”, quen cumpriu os 100 anos gozando de boa saúde e da compaña da súa familia.

A exposición “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” amplíase até o 8 de xaneiro

A exposición de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” amplía a súa presenza na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de xaneiro.

A Consellería do Mar impulsará proxectos en Baiona e A Guarda

A Consellería do Mar vén de resolver a segunda convocatoria de axudas do ano 2021, pola que se aproban as subvencións para sete proxectos asesorados polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo - A Guarda e pertencentes aos municipios de Cangas, Vilaboa, Vigo, Baiona e A Guarda.

Arranca na Praza de Abastos da Guarda a Mostra Creativa de Nadal

Este venres día 10 de decembro arrancaba na Praza de Abastos da Guarda a Mostra Creativa de Nadal, que estará neste espazo os días 10, 11, 17, 18 e 24 de decembro en horario de mañá.

A música continúa no Rosal co XI Concerto Coral Ecos do Nadal

A música continúa esta fin de semana no Rosal coa celebración do XI Concerto Coral Ecos do Nadal, unha das actuacións máis agardadas nestas datas tan sinaladas organizada pola Coral Ecos do Folón de Fornelos en colaboración coa Asociación Músico-Cultural Ecos do Folón, co Concello do Rosal e a Comunidade de Montes Santa Mariña do Rosal.

A Xunta licita a redacción do proxecto de ampliación e adaptación de espazos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño

A Xunta, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, sacou a licitación a redacción do proxecto para a ampliación e adaptación de espazos educativos e lectivos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, no que se investirán 1.803.035 euros.

Mistura Vocal presenta este sábado “A Historia do Luz”

A luz vai ser a protagonista do concerto que este sábado, 11 de decembro, ás 20 h o coro Mistura Vocal vai ofrecer no Teatro Municipal. Baixo a dirección da tudense Aloia Martínez 35 cantoras e cantores achegaránnos “A Historia da Luz” a través dun variado repertorio que brindará un percorrido musical por distintas épocas e estilos.