Venres, 18 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Rosal lanza un vídeo para destacar o gran valor artístico e histórico da igrexa de Santa Mariña

O Concello do Rosal continúa a pór en valor o seu patrimonio con varias accións. Onte publicou un vídeo promocional para destacar a riqueza artística e histórica da igrexa de Santa Mariña, un templo con aires barrocos e que coa súa impoñente figura domina a praza do Calvario do concello.

O Concello de Tui congratúlase pola certificación oficial do Camiño Portugués pola Costa ata Valença

O Goberno de Portugal publicou no día de onte o decreto que certifica, ou oficializa o Camiño Portugués da Costa, unha ruta xacobea que remata na cidade irmá de Valença, recoñecendo a importancia “histórica e cultural” deste Camiño de Santiago, nunha decisión asinada conxuntamente polas secretarias de Estado do Turismo, Rita Marques, e Adxunta e do Patrimonio Cultural, Ângela Ferreira.

Aberta a inscrición para os cursos de autodefensa, cociña vegana e tempo libre organizados polo Concello de Tomiño

Autodefensa, iniciación á cociña vegana e monitor/a de tempo libre son tres das novas propostas da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) de Tomiño, dirixidas á mocidade.

O Concello da Guarda inicia a poda e revisión de especies arbóreas en parques públicos do municipio

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, ven de iniciar os traballos de poda e revisión das especies arbóreas existentes nos diferentes parques públicos do municipio.

O Rosal realizará unha importante reforma no pavillón municipal para facelo máis accesible

O Concello continúa traballando para converter O Rosal nun municipio máis inclusivo e accesible en todos os eidos. O Goberno local aprobará este xoves 3 (20.30 h) en pleno unha modificación de crédito para continuar coas obras de renovación do pavillón municipal.

A nova oficina de Turismo de Tui , un espazo para o futuro turístico da cidade

O Concello de Tui inaugurou este mediodía a nova Oficina de Turismo executada ao abeiro do proxecto “Río Miño, un destino navegable” financiado con fondos europeos. Un novo equipamento que marca un antes e un despois na atención os visitantes e peregrinos na cidade.

Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de febreiro

O vindeiro luns día 7 de febreiro de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de febreiro de 2022.

O xurado da Gala do Deporte decidiu os Premios do Deporte Tudense 2020 e 2021

Dende o mes de novembro o xurado da Gala do Deporte Tudense ven traballando para retomar este evento e así poder recoñecer os éxitos deportivos dos nosos clubs e deportistas. De feito, a intención era facer unha gala a finais do pasado mes de xaneiro, onde entregar os Premios Deporte Tudense dos anos 2020 e 2021, pero a incerteza a hora de poder marcar unha data de celebración impediu poder organizar a gala coa suficiente antelación que garantir a realización da mesma co mesmo nivel de calidade que en anteriores edicións

O Concello da Guarda contratará a 14 desempregados ao abeiro do Plan de Obras e Servizos 2022 da Deputación

O Concello da Guarda ven de recibir a concesión dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a contratación dun total de 14 persoas desempregadas, grazas ao Plan de Obras e Servizos 2022 do ente provincial na súa liña 3 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Deputación e Concello de Tomiño poñen en valor o parque e a ponte peonil da Amizade

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño acudirán a Madrid mañá mércores para poñer en valor os proxectos do parque e a ponte peonil da Amizade ante o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán.

A Praza do Calvario do Rosal será reformada ao abeiro do Plan ReacPon da Deputación

A transformación da Praza do Calvario para convertela nun espazo amable para as persoas, cun marcado carácter peonil e accesible será unha realidade grazas ao Plan ReacPon da Deputación, o plan de recursos extraordinarios destinados aos concellos que a institución provincial puxo en marcha para reactivar a economía da provincial.

A mocidade tomiñesa achega as súas ideas á mellora do campo da Feira

Tomiño quere converter o novo campo da Feira nun lugar de encontro feito por e para a mocidade. Para conseguilo o Concello conta unha vez máis coa colaboración do Consello da Infancia e Adolescencia, 'Voces Novas', que incorporará a súa voz aos traballos de recuperación deste espazo para facer del un lugar dinámico, onde a xente nova lle apeteza reunirse tanto para facer deporte como para gozar do contacto coa natureza.