Xoves, 3 Xullo de 2025

O Baixo Miño

O Desafío Terras de Turonio volta con forzas tras un parón de dous anos

Tras dous anos de receso por mor da Covid-19, o Desafio Terras de Turonio volta con forzas como a gran cita do ciclismo de montaña.

A nova escola infantil da Guarda recibe máis de 40 solicitudes de matrícula para o vindeiro curso

A nova escola infantil da Guarda, pertencente á rede pública autonómica, recibiu un total de 43 solicitudes de matriculación para o vindeiro curso 2022-2023, o primeiro no que este centro entrará en servizo e tamén o primeiro no que a atención educativa será gratuíta para todos os nenos.

Areeiro aconsella iniciar o tratamento contra o mildio ante a aparición das primeiras manchas no Rosal

Na revisión semanal que o persoal técnico da Estación Fitopatolóxica Areeiro realiza ás viñas da provincia téñense detectado xa as primeiras manchas de mildio nas comarcas do Rosal e do Salnés.

A Xunta inviste na recuperación de catro inmobles adquiridos en Tui

A Xunta investirá case 2 millóns de euros na recuperación de catro inmobles adquiridos en Tui ao abeiro do programa Rexurbe para habilitar oito vivendas protexidas.

O alcalde da Guarda visita a unidade móbil de coidados sociosanitarios “Porta a Porta”

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes e a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, visitaron esta mañá a Unidade Móbil de coidados sociosanitarios instalada no Campo de Fínola e que estará atao vindeiro mércores.

Oia acollerá accións contra a herba da pampa na Semana Ibérica sobre Especies Invasoras

A Asociación Galicia Ambiental e o Concello de Oia traballan conxuntamente para concienciar á poboación sobre os problemas que están a provocar as especies invasoras como a herba da pampa (Cortaderia selloana), presente en amplas zonas do país.

Lectura, linguaxe e lecer, eixes claves do novo ciclo de charlas de ‘Educando en familia’

O programa ‘Educando en familia’ chega ao seu fin este curso escolar cun novo ciclo de charlas durante os meses de abril, maio e xuño para continuar dando resposta a moitas das inquedanzas coas que día a día se atopan nais e pais.

Plan para a implementación dos ODS a nivel municipal na Guarda

O Concello da Guarda a través do Fondo Galego de Cooperación, acaba de dar comezo a elaboración do Plan para implementación dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a nivel local para os próximos tres anos.

Tomiño adica o Plan Concellos 2022 a melloras en distintas parroquias

O Concello de Tomiño levará adiante dentro do Plan Concellos 2022, cinco obras de singular interese para a cidadanía, centradas nas parroquias e na mellora de equipamentos deportivos, cun investimento de 968.558,40 euros.

A Deputación abre a inscrición na ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas”

A Deputación de Pontevedra abre este luns, 25 de abril, o prazo de inscrición para a terceira das rutas ornitolóxicas programadas dentro da quinta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife.

O grupo “Teatro da Apocalipse” presentarán tres pezas curtas o vindeiro sábado 30 abril na Guarda

Baixo o nome "Teatro da Apocalipse", agóchase un grupo de teatro afecionado do Baixo Miño xurdido da Escola de Teatro de Tomiño.

Tomiño conmemora o Día do Libro cun concurso de reseñas bibliográficas e un club de lectura

O Concello de Tomiño conmemora o Día do Libro coa convocatoria dun concurso de reseñas bibliográficas. Organizado pola Concellería de Cultura, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), as persoas que se anoten terán a posibilidade de escoller entre dous libros.