Domingo, 6 Xullo de 2025

O Baixo Miño

Violeta de Santiago presenta a súa candidatura á alcaldía de Tomiño

O PSdeG-PSOE presentou á súa candidata á Alcaldía de Tomiño nun concorrido xantar celebrado esta fin de semana na localidade do Baixo Miño. Violeta de Santiago, que repetirá como aspirante á Alcaldía catro anos despois e con claras expectativas de crecemento, recibiu o apoio de moitos veciñoa e veciñas, representantes da sociedade tomiñesa e da militancia do Baixo Miño, ademais de cargos públicos como o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o secretario xeral provincial, David Regades.

Concerto de clavecín de João Janeiro o venres 9 de setembro na Igrexa Parroquial da Guarda

“Un camiño ben temperado” é un ciclo de cinco concertos de artistas das dúas marxes do Miño que busca poñer en valor este pasado musical común, así como a súa proxección internacional.

Oia implanta unha rede de WiFi aberto no Arrabal e a súa contorna

O Concello de Oia vén de implantar unha rede WiFi municipal en varios puntos do barrio histórico do Arrabal e a súa contorna.

Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de setembro

O vindeiro luns día 5 de setembro de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de setembro de 2022.

Tomiño celebra as súas Festas do Alivio

Tomiño celebra as súas festas patronais da Virxe do Alivio cunha programación cultural pensada para todos os públicos, con diferentes propostas e actividades lúdicas dirixidas ao público familiar.

A obra de teatro “Crónicas do Paraíso” presentase na Guarda o venres 9 de setembro

O vindeiro venres día 9 de setembro a compañía Sarabela Teatro presenta “Crónicas do Paraíso” ás 21:00h no Auditorio de San Benito.

O paseo da corredoira acollerá unha alfombra de flores adicada ao Camiño Portugués

Invitados pola Concellería de Cultura que dirixe a concelleira Sonsoles Vicente, a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas confeccionará unha alfombra floral no paseo da corredoira, diante da igrexa de San Francisco, e irá adicada ao Camiño Portugués que pasa pola cidade de Tui.

A oficina de turismo da Guarda camiña cara un modelo dixitalizado

A oficina de turismo da Guarda beneficiarase da aposta que a Deputación de Pontevedra fai por implantar un modelo de oferta turística integral e dixitalizado na rede Info Rías Baixas, á que está adherida.

A Praza da Mina róuballe protagonismo ao Seixo na programación de verán en Tomiño

A Praza da Mina, en pleno núcleo urbano do Seixo, transformouse dende a súa reforma integral nun dos principais eixos da actividade cotiá na vila. Por primeira vez, este céntrico espazo converteuse no escenario de parte da programación de verán de Tomiño.

Tui acolle o Campionato de España de Radiocontrol Térmico

Esta fin de semana celébrase en augas do río Miño en Tui, a carón da rúa Olímpicos tudenses, o Campionato de España de Radiocontrol Térmico organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a Real Federación Española de Motonáutica e a Comandancia Naval do Miño.

Situación hidrolóxica no concello da Guarda

Estamos diante dunha situación de seca que afecta a toda a península Ibérica da que Galicia non se libra e que pode prolongarse no tempo.

A Guarda acolle en setembro un itinerario formativo de 120 horas de duración para a dixitalización de mulleres

O Concello da Guarda colabora no Programa de Formación para a dixitalización de mulleres “Galegas Dixitais”, acollendo 3 módulos de formación que arrancan o 19 de setembro e durarán ata o 30 de outubro.