Xoves, 8 Maio de 2025

Oia

Oia realizará unha ruta de sendeirismo que unirá as parroquias de Burgueira e Loureza

O Concello de Oia vén de contratar a realización dunha nova ruta de sendeirismo sinalizada no municipio, neste caso un sendeiro circular de 12,5 km que unirá diversos puntos de interese natural, cultural e paisaxístico das parroquias de Burgueira e Loureza.

O Concello de Oia informa do horario do Servizo de Transporte ao IES A Sangriña

O Concello de Oia informa dos horarios do servizo de transporte ao IES A Sangriña (A Guarda), que funcionarán no vindeiro curso escolar 2021-2022.

O Concello inicia a gravación do documental “O agro en Oia”

O Concello de Oia vén de iniciar as gravacións para o documental “O agro en Oia”, unha peza audiovisual que se centrará no patrimonio material e inmaterial que atesouran as distintas prácticas, costumes e tradicións vinculadas ao traballo da terra.

O Concello de Oia saca a licitación melloras en varios camiños de Mougás e Loureza

O Concello de Oia vén de sacar a licitación varios contratos de obras de mellora en catro camiños situados nas parroquias de Mougás e Loureza por un valor total de 109.455,43 euros.

O Concello de Oia distribúe axudas á hostalería local por importe de 28.000 euros

O Concello de Oia destinou un total de 28.000 euros a axudas á hostalaría local para paliar os efectos da COVID-19, unha achega realizada a través dun convenio de colaboración coa Xunta que permitiu ampliar o plan de rescate da administración autonómica con aportacións municipais.

O Concello de Oia ampliará a rede de saneamento

O Concello de Oia investirá máis de 65.000 euros en ampliar a rede de saneamento municipal, uns traballos que permitirán conectar o camiño da Aguieira (Santa María de Oia) e, na parroquia de Viladesuso, prolongar a rede existente ata a altura de Paxariños-Sobral.

‘O país das bandas’ ofrece mañá concertos en Salvaterra de Miño, Mos e Oia

O ciclo O país das bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega este sábado a Oia, Mos e Salvaterra de Miño.

Música este sábado en Loureza e Pedornes para celebrar San Mamede

Oia encherase de música o próximo sábado, coincidindo coa celebración de San Mamede, patrón das parroquias de Loureza e Pedornes. No marco desta festividade, o Concello programa senllas actividades: Loureza acollerá a actuación da Banda de Música da Vertula, mentres que en Pedornes terá lugar un concerto solidario de Antonio Seijo.

A oficina de turismo de Oia acolle unha exposición do artista Armando Castro

A oficina de turismo de Oia acolle durante o mes de agosto a exposición de pintura e escultura 'Paisajes en la mente', o último traballo do artista Armando Castro. A mostra poderá visitarse na sala de exposicións da oficina de turismo (primeiro andar do edificio situado na Praza Centinela, no barrio histórico do Arrabal) a partir do próximo domingo 1 de agosto e ata final de mes.

Concerto gratuíto de Óscar Ibáñez o próximo sábado 31 de xullo en Oia

A música do gaiteiro Óscar Ibáñez soará en directo o próximo sábado a partir das 21:00 horas na Eira do Convento, nun concerto organizado polo Concello de Oia. A entrada é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que o acceso se realizará con inscrición previa.

A proba 15K Atlántico Banco Mediolanum abre o prazo de inscrición

Xa están abertas as inscricións para a 15 K Atlántico Banco Mediolanum que se disputará o vindeiro día 3 de outubro. A participación está limitada a un máximo de 500 prazas, que son as dispoñibles debido ao ríxido control sanitario que se aplica na proba.

Oia acolle o obradoiro de teatro veciñal adaptado ás circunstancias sanitarias

O obradoiro de teatro veciñal de Oia volve este ano cun formato adaptado ás circunstancias derivadas da COVID-19. Grupos reducidos e representacións en espazos onde se poidan delimitar os correspondentes aforos son algunhas das novidades que incorpora a iniciativa deste ano.