Luns, 12 Maio de 2025

Oia

Oia acolle un campamento infantil de Semana Santa do 11 ao 13 de abril

O Concello de Oia organiza un campamento infantil os próximos días 11, 12 e 13 de abril, pensado para favorecer a conciliación familiar durante as vacacións de Semana Santa.

O alumnado mosense recibe a visita da Policía Local e Emerxencias

Onte iniciouse o programa de visitas da Policía Local de Mos e do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos aos colexios do municipio que periódicamente se organiza desde a Concellería de Educación.

O Concello de Oia alerta dun posible fraude no seu nome

O Concello de Oia vén de ter coñecemento dunha posible fraude anunciando un posible abaratamento da factura eléctrica e para o cal se estaría actuar en nome do propio Concello.

A Xunta remata a creación de accesos e a mellora de lavadoiros en Oia

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, vén de rematar a creación de accesos peonís e a mellora integral dos lavadoiros de Torroña e Bonaval, no Concello de Oia, cun investimento de 36.000 euros financiado, ao 85%, cunha achega da orde de infraestruturas turísticas para municipios de ata 10.000 habitantes.

Oia acolle o VIII Trail Desafío do Club Marqués de Vizhoja-Cornelios

No día de onte tivo lugar o VIII TRAIL DESAFÍO DE OIA, nunha paraxe espectacular e, tras un ano no que non se puido realizar tal e como se fixo ata a data por motivos relacionados coa Covid, este ano volveron ás orixes.

A Xunta concede axudas ás principais adegas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de conceder 466.000 euros ás principais adegas das comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño ao abeiro da orde de axudas para reestruturación e conversión do viñedo.

O Concello de Oia abre o prazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro de teatro

O Concello de Oia vén de abrir o prazo de inscrición para unha nova convocatoria do obradoiro de teatro veciñal. Ao igual que aconteceu nas tres anteriores edicións desta iniciativa, as sesións serán impartidas por A Artística Teatro & Danza os venres en horario de tarde.

Obradoiro infantil de cociña de entroido o próximo luns en Viladesuso

Os nenos de Oia poderán divertirse, experimentar e aprender sobre a gastronomía de entroido nun obradoiro especial de cociña que se desenvolverá a próxima semana na Casa da Cultura de Viladesuso.

O Concello de Oia contratará 11 persoas ao abeiro do Plan Concellos

O Concello de Oia contratará a un total de 11 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2022 (liña de emprego) da Deputación de Pontevedra.

O Concello de Oia porá en marcha unha ‘Aula Mentor’ de formación online no espazo de novas tecnoloxías

O Concello de Oia porá en marcha unha “Aula Mentor” nas instalacións da aula de novas tecnoloxías que se está a crear na antiga biblioteca, situada nos baixos do consistorio. A través desta iniciativa a veciñanza poderá beneficiarse dun amplo catálogo de cursos online: formación non regrada, flexible e con titorías personalizadas.

A Xunta acomete a mellora de pistas interiores en Mougás

A Xunta de Galicia vén de rematar a mellora de pistas interiores na parroquia de Mougás, no Concello de Oia, cun investimento de 52.000 euros que estivo cofinanciado ao abeiro da orde de axudas para a modernización de infraestruturas de uso público.

A Xunta colabora co embelecemento de dez elementos patrimoniais e vivendas do Baixo Miño

A Xunta de Galicia colaborou coa posta en valor e o embelecemento dunha decena de elementos patrimoniais de titularidade municipal e de vivendas particulares na bisbarra do Baixo Miño. Grazas á orde de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, concedéronse un total de 38 252 euros en achegas para dous espazos públicos en Tui e Oia.