O Rosal estrea o seu novo modelo urbanístico para espazos de interese paisaxístico e patrimonial. O Concello vén de rematar as obras de reconfiguración do Camiño da Sueira, entre a estrada de Couselo e o Camiño da Menora.
Butacas listas para celebrar a III Mostra de cinema do Rosal, un festival organizado pola asociación Ghorghalado coa colaboración do Concello do Rosal que busca achegar ao público rosaleiro unha oferta cinematográfica difícil de atopar nos circuítos habituais.
O Concello do Rosal prepara unha axenda cultural cargada de actividades para este mes de xullo. Dez propostas para todos os públicos e gustos que dá a benvida por primeira vez ao programa ‘Cultura polos barrios’, unha iniciativa que levará diferentes actividades este mes e o seguinte a diferentes puntos do municipio e que comezará este mesmo martes 4 de xullo coa actuación de ‘Acordeireta’.
A Escola Municipal de Teatro do Rosal está de estrea. Tras meses de ensaio e preparación, o alumnado subirá este venres 30 de xuño ao escenario para poñerse por primeira vez ante o público e representar ‘Noites enteiras’, unha obra no que farán un percorrido polo pasado para entender o presente.
O Concello do Rosal vén de rematar as obras de transformación e mellora da accesibilidade da contorna da igrexa de San Bartolomeu, nas Eiras, uns traballos enmarcados no proxecto de recuperación da zona de elevado valor natural e patrimonial que vai dende a Ribeira ata a Madalena.
Concello e adegas camiñan da man para preparar unha nova edición da Feira do Viño do Rosal, que este ano recupera as súas datas habituais. O vindeiro mes de xullo a Praza do Calvario converterase un ano máis no escenario central de tres días nos que se programarán multitude de actividades culturais, gastronómicas e de lecer abertas a toda a veciñanza e visitantes.
O Rosal énchese de enigmas e desafíos. O vindeiro mércores 28 de xuño, a Praza do Calvario acollerá un divertido escape room, unha actividade de balde ao aire libre que levará a todas as persoas participantes a percorrer a contorna na procura de adiviñanzas e probas coas que conseguir rematar un circuíto que abarca dende A Soberbia ata o Campo da Feira.
Empregar as artes escénicas para reivindicar a igualdade de xénero, concienciar sobre o problema da violencia machista e, sobre todo, unir forzas para loitar contra esta lacra da sociedade.
O BNG e o PSdeG-PSOE veñen de asinar un acordo para formar un goberno de progreso e consenso no Rosal, poñendo os intereses do municipio por riba de todo.
O Rosal quenta voces para acoller, un ano máis, o Concerto Coral Ecos do Verán, un encontro organizado polo coro ‘Ecos do Folón’ de Fornelos e que chega á súa novena edición cun programa por todo o alto.
O Rosal prepárase para desfrutar da literatura e da música en directo de balde este sábado 10 de xuño. A recoñecida bióloga e micóloga galega, Marisa Castro, presentará no Espazo do Mercado ás 12.00 horas a súa primeira novela, ‘A saga das curandeiras’, unha biografía ficticia que achega ao público á figura de Rosalía Carcedo.
O Concello do Rosal prepárase para un mes cheo de cultura, diversión e lecer cunha variada axenda de actividades de balde para todos os públicos. Dende eventos literarios e musicais ata exposicións e propostas relacionadas coa memoria histórica, o programa de xuño ofrece unha ampla gama de opcións para desfrutar no municipio.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.