Domingo, 4 Maio de 2025

O Rosal

O mercado do Rosal acolle a obra da artista Nadia Otero

A artista plástica, Nadia Otero, abre a exposición ‘Do Lérez ao Tambre’ este venres, 11 de agosto, no Gastrobar Daordaria, no Mercado do Rosal.

O Rosal Cámara Fest pecha mañá a súa cuarta edición

O IV Rosal Cámara Fest remata mañá cun concerto da formación Camerata Arven, que se realizará na Igrexa de Santa Mariña ás 21 horas. A actividade é aberta ao público e de balde.

Esta fin de semana, no Rosal, será o Encontro de Corais e o Festival de Músicos Xoves

O Festival de Músicos Xoves e o Encontro de Corais serán os protagonistas desta fin de semana no Rosal.

O cuarteto Caramuxo actúa hoxe no Rosal

Continúa a programación da cuarta edición do Rosal Cámara Fest deste verán, desta volta co concerto de Caramuxo, un cuarteto de clarinetes que deleitarán ao público cun repertorio de música tradicional adaptada a este instrumento.

O Rosal mellora o tramo oeste da estrada vella de San Miguel, na contorna da Cumieira

A estrada Vella de San Miguel, na contorna da Cumieira, no Rosal, xa está a pleno rendemento despois de que se fixeran traballos de reconfiguración e asfaltado ao longo de 260 metros lineis o que supuso un total de máis de 1.500 m2 de vía nos que se realizaron estes traballos de mellora e que agora mesmo está plenamente operativa.

A Banda da Agrupación Musical do Rosal pon o broche de ouro ás festas do verán do Pilar

A Banda da Agrupación Musical do Rosal pechou cun gran éxito de público as festas do verán do Pilar no Concello do Rosal, que contaron cunha decena de actividades para todos os públicos.

A cuarta edición do Rosal Cámara Fest xa enche o concello de música

A igrexa de Santa Maríña do Rosal foi o escenario elixido para dar o pistoletazo de saída á cuarta edición do Rosal Cámara Fest, un festival organizado pola Agrupación Musical do Rosal en colaboración co Concello.

O Rosal continúa coas visitas guiadas de balde aos muíños

O Rosal continúa achegando a súa contorna natural, o seu patrimonio cultural e etnográfico e a súa historia a veciñanza e visitantes. O Concello ten en marcha visitas guiadas aos muíños do Folón e do Picón, rutas de balde e abertas a todos os públicos que se celebrarán todos os xoves dos meses de xullo e agosto.

O Concello do Rosal sinaliza a Mina de Ouro de Val das Bornas, unha xanela ao pasado mineiro da vila

O Concello do Rosal levou a cabo a sinalización para interpretación da mina de Ouro de Val das Bornas, en San Miguel de Tabagón, unha iniciativa que busca poñer en valor o patrimonio histórico e cultural do municipio.

O Rosal celebra as Festas de Verán do Pilar 2023

O Rosal celebra un ano máis as tradicionais Festas de Verán do Pilar 2023 cunha ampla programación cultural con actividades e entretemento de balde para todos os públicos.

O Rosal pon en marcha ‘Mulleres que inspiran’ para achegar referentes femininos á rapazada

Promocionar a igualdade e previr a violencia de xénero a través de referentes femininos no eido laboral, cultural, artístico, científico... Ese é o obxectivo de ‘Mulleres que inspiran’, un programa posto en marcha polo Concello do Rosal para continuar revolucionando mentes e camiñar cara a unha igualdade real dando a coñecer e achegando figuras femininas de calado tamén á rapazada e mocidade.

O Rosal prepara novas visitas guiadas de balde este verán

O Rosal prepárase para un verán de turismo e lecer para gozar da natureza e da historia coñecendo un pouco máis o patrimonio cultural e etnográfico do municipio.