A igrexa de Santa Maríña do Rosal foi o escenario elixido para dar o pistoletazo de saída á cuarta edición do Rosal Cámara Fest, un festival organizado pola Agrupación Musical do Rosal en colaboración co Concello que naceu durante a pandemia como un xeito de paliar a imposibilidade de facer concertos con grupos grandes e que acadou un grande éxito de público, converténdose nun referente cultural do verán galego.
O concerto de solistas da Agrupación Musical do Rosal foi o encargado de poñer en marcha este evento cultural que deleitará ao público con ata oito concertos de gran relevancia a nivel musical baixo o lema ‘Melodías do verán: concertos para recordar’.
Nesta cuarta edición, ademais de concertos a cargo de diferentes conxuntos da agrupación rosaleira, O Rosal Cámara Fest contará con grupos que presentarán ao público un repertorio baseado na música tradicional, como o Cuarteto Caramuxo, que actuará na Praza do Calvario o vindeiro 3 de agosto, ou o Camerata Arven, que interpretará un repertorio clásico de compositores galegos o 8 de agosto na igrexa de Santa Mariña do Rosal.
Dentro da programación, destaca tamén o concerto que realizará a Banda da Agrupación Musical do Rosal o vindeiro 25 de xullo na Praza do Calvario, no que acompañará á soprano Ana San Martín e ao tenor Enrique Martínez, que interpretarán unha escola dos mellores musicais de Broadway.
Todos os concertos están programados entre o 20 de xullo e o 8 de agosto e terán lugar, como en edicións anteriores, en diferentes espazos do Rosal, como as Escolas de San Miguel, a Finca Son Rural de Tabagón ou a igrexa de Santa Mariña. A entrada será gratuíta e algúns dos concertos estarán precedidos dunha ruta guiada pola zona previa inscrición en patri@amodoturismo.com ou no 677 783 296. Ademais,