Xoves, 3 Xullo de 2025

O Rosal

Farrapos morados lembran no Rosal o mundo de posibilidades que se abre ao vivir en igualdade

Poñer fin á brecha de xénero non só implicaría avances significativos para a sociedade, máis xusta, máis feliz e con maior benestar para todas as persoas, senón que tamén xeraría un importante crecemento económico, cun aumento da produtividade dos traballadores e traballadoras e maior poder de tracción de talentos. Todo vantaxes para unha realidade pola que rosaleiros e rosaleiras loitan tamén dende as aulas.

A Praza do Calvario acolle unha exposición interactiva para amosar que o traballo non ten xénero

Aínda quedan moitos pasos que dar no camiño cara a igualdade, comezando por concienciar e sensibilizar á veciñanza. Con este obxectivo, o Concello do Rosal organiza a exposición ao aire libre ‘O traballo non ten xénero’, unha mostra conformada por diversas figuras de persoas sen rostro desempeñando traballos máis ligados a algún dos dous xéneros e que poderá visitarse ata final de mes na Praza do Calvario.

Consello Municipal de Deportes do Rosal, un foro de debate do que nacerán propostas e ideas de futuro

O Concello do Rosal continúa apostando pola colaboración activa e estreita coa sociedade para seguir avanzando nos distintos ámbitos municipais. Con este obxectivo, hai uns días constituíase o Consello Municipal de Deportes, un órgano consultivo integrado por representantes de todos o tecido deportivo do Rosal que funcionará como foro de debate e reflexión, como viveiro de propostas e como fonte de visión crítica para abordar calquera cuestión relacionada con este eido na localidade.

O Rosal estrea marzo cun apartado específico de igualdade na web municipal

O Rosal aposta pola igualdade todos os días do ano e en todos os ámbitos municipais. Nese camiño para continuar revolucionando mentes a web municipal estrea este luns un apartado específico de igualdade que contará con material relacionado con este ámbito e que lonxe de ser estático continuará crecendo ao longo do tempo con novo contido.

Novos pasos cara a transformación radical da estrada entre Tabagón, As Eiras e Goián

Continúase a dar pasos cara a transformación radical da estrada entre Tabagón, As Eiras e Goián. A Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde ao proxecto para a execución da primeira fase de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-3303.

Esgotadas as entradas para o acto de conmemoración do Día de Rosalía no auditorio municipal

Éxito absoluto do acto de conmemoración do Día de Rosalía programado para este domingo 28 de febreiro ás 18.00 horas no auditorio municipal do Rosal. Xa están esgotadas todas as entradas dispoñibles para desfrutar da actividade, para a que era necesaria inscrición previa dado o aforo reducido co que contará.

Versos, figuras de papel e música para conmemorar o Día de Rosalía no Rosal

O Rosal conmemora este ano o Día de Rosalía de Castro cunha morea de actividades nos centros escolares e para o público en xeral adaptadas á situación sanitaria e ás medidas restritivas vixentes. Así, coincidindo coa data do nacemento da autora, este 24 de febreiro a fachada da Igrexa da parroquia de Santa Mariña, na Praza do Calvario, será o lenzo sobre o que se proxecten frases ou versos de Rosalía.

O Concello pon en marcha unha campaña para distribuír trampas para vespa velutina polo Rosal

O Concello do Rosal continúa coa súa loita contra a vespa velutina. O goberno municipal pon en marcha unha campaña para tentar distribuír trampas contra esta vespa asiática por distintos puntos do municipio, actividade para a que quere contar coa implicación e colaboración de toda a veciñanza.

A Deputación aproba o proxecto para a “transformación radical” da EP-3303 Tabagón-Goián ao seu paso polo concello do Rosal

O Goberno provincial vén de aprobar o proxecto para a execución da mellora da mobilidade peonil na Estrada Provincial 3303 Tabagón-Goián e impulsar a “transformación radical dunha parte moi importante do noso territorio”. “Trátase dunha actuación de enorme relevancia –asegurou a presidenta Carmela Silva–, que vai reformar unha estrada que conecta os concellos do Rosal e Tomiño estendendo un modelo de mobilidade centrado na recuperación do espazo para as persoas e na redución do CO2”.

Comeza a funcionar o servizo municipal de préstamo de biotrituradoras eléctricas

O Rosal vén de poñer en marcha o seu servizo municipal de préstamo de biotrituradoras eléctricas, unha iniciativa que permitirá unha mellor xestión da biomasa domiciliaria. Tras a entrada en vigor do regulamento do servizo, os rosaleiros e rosaleiras xa poden solicitar o préstamo gratuíto dunha biotrituradora.

Nace o Consello Municipal de Cultura do Rosal, un órgano consultivo que servirá de viveiro de ideas e foro de debate

O Rosal constituíu este xoves pasado o seu Consello Municipal de Cultura, un órgano consultivo que funcionará como viveiro de ideas e foro de debate para continuar apostando por unha vida cultural activa e segura na localidade, na que os barrios seguirán a ter un gran protagonismo.

O Concello inviste 70.000 euros na mellora de estradas e no equipamento do parque de Pancenteo

O Concello continúa coas obras de mellora de estradas e instalacións en distintos puntos do Rosal. Así, durante as últimas semanas, leváronse a cabo varios traballos de renovación do firme e incorporación de novo equipamento cun investimento total de 70.000 euros que foron subvencionados ao abeiro do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.