22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalComeza a funcionar o servizo municipal de préstamo de biotrituradoras eléctricas

    Comeza a funcionar o servizo municipal de préstamo de biotrituradoras eléctricas

    As persoas interesadas poderán solicitala a través da web de Medio Ambiente ou no propio concello e usala durante 7 días

    O Rosal vén de poñer en marcha o seu servizo municipal de préstamo de biotrituradoras eléctricas, unha iniciativa que permitirá unha mellor xestión da biomasa domiciliaria. Tras a entrada en vigor do regulamento do servizo, posto en marcha ao abeiro dunha liña de subvencións cofinancida polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, os rosaleiros e rosaleiras xa poden solicitar o préstamo gratuíto dunha biotrituradora a través da páxina web do medio ambiente do Rosal ou na propia Casa do Concello.

    Estas biotrituradoras estarán dispoñibles para persoas residentes no Rosal e poderán utilizarse por un máximo de sete días. Para poder beneficiarse deste servizo, as persoas interesadas deberán darse de alta e dispoñer dun vehículo para ir recoller a maquinaria, que se devolverá transcorrida unha semana en perfecto estado para que poida ser empregada por outro usuario ou usuaria. Para garantir o seu correcto uso, no momento do préstamo ofrecerase ao usuario ou usuaria unha explicación do funcionamento da biotrituradora.

    As biotrituradoras deberán ser solicitadas polo menos cun día de antelación e comunicando o día e hora no que se efectuará a recollida do aparello. O servizo estará aberto ao público de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas. As datas ou horarios de préstamo poderán ser modificadas polo Concello en función da dispoñibilidade das biotrituradoras. Esta iniciativa nace co obxectivo “de poñer a disposición da veciñanza un servizo gratuíto co que fomentar unha correcta xestión dos residuos domésticos de orixe vexetal, que nos concellos rurais poden supoñer ata un 10% do lixo domiciliario”, salienta a concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente. Estímase que no Rosal xéranse unhas 230 toneladas anuais deste tipo de residuos, polo que con este servizo non só se evitará que rematen no circuíto de recollida do lixo, senón que permitirá reducir o número de queimas, minimizando os riscos de incendio e contaminación ambiental. Por outra banda, tamén servirá para obter un produto de valor engadido para o programa de compostaxe do Concello, xa que os restos de poda triturados poderán ser empregados como estruturante ou material de acolchado para hortas e xardíns.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.