Martes, 1 Xullo de 2025

O Rosal

Novo empurrón á actividade deportiva no Rosal tras a reunión do Consello Municipal

O Concello continúa coa colaboración activa e estreita coa veciñanza para avanzar nos diferentes ámbitos municipais, tamén no deportivo. O Consello Municipal do Deporte celebrou o seu segundo encontro para seguir achegando propostas e ideas, debatendo e reflexionando sobre o devir deste ámbito no Rosal.

Fusión de bailes este verán para a mocidade do Rosal

Ao abeiro da programación de lecer destinada á mocidade rosaleira, o Concello do Rosal pon en marcha este verán un obradoiro monográfico de baile moderno no que os rapaces e rapazas maiores de 12 anos mergullaranse en distintos tipos de danzas.

O proxecto ‘Memoria viva’ do Rosal visita os barrios dos seus dous protagonistas

O proxecto ‘Memoria Viva’ chega aos barrios dos seus dous primeiros protagonistas. Tras o éxito acadado no acto de presentación, o Concello do Rosal quere levar esta iniciativa aos barrios onde naceron e viven Marcola González e Nemesio Castro, nos que se celebrará unha proxección dos seus vídeos documentais.

O alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier aprende a revalorizar os residuos plásticos

O Concello do Rosal levou ás aulas un novo obradoiro de sensibilización medioambiental dirixido ao alumnado de 5º de Primaria do CPI Manuel Suárez Marquier, posto en marcha ao abeiro da subvención cofinanciada con fondos Feder Galicia 2014-2020 para fomentar a reparación e reutilización de obxectos.

O Rosal desfila pola diversidade

O Concello do Rosal e o CPI Manuel Suárez Marquier preparan unha xornada lúdica e festiva para amosar que “somos diversos e iso enriquece”.

Juan Galán presenta na Biblioteca Municipal do Rosal o seu libro ‘Romanza de los naranjos en flor’

Proseguen as actividades culturais no Rosal para este mes de xuño. Este xoves 24 a Biblioteca municipal acolle a presentación do libro ‘Romanza de los naranjos en flor’, a novela coa que o filólogo, docente e investigador Juan Galán inicia a súa carreira literaria. Será a partir das 19.30 horas con aforo reducido e entrada de balde e libre ata completar prazas. A presentación contará con todas as medidas de prevención e seguridade marcadas polas autoridades sanitarias.

Volven as rutas guiadas no Rosal polos muíños do Folón e do Picón e a Senda dos Pescadores

O Concello do Rosal volve traer este verán unha proposta de lecer para desfrutar da natureza coñecendo un pouco máis o patrimonio cultural e etnográfico do municipio. Deste xeito, durante os meses de xullo e agosto organizaranse un total de 26 visitas guiadas polos muíños do Folón e do Picón e pola Senda dos Pescadores.

O Consello Municipal do Rosal marca o camiño das futuras actividades culturais

O Consello Municipal de Cultura volveu reunirse de novo como viveiro de ideas e foro de debate que sirva para marcar o camiño das futuras actividades culturais que se desenvolvan no Rosal.

O Rosal recupera a súa ‘Memoria viva’

O Concello do Rosal presenta este venres 18 de xuño no auditorio municipal (20.00 horas) ‘Memoria viva’, un proxecto plurianual que busca poñer en marcha un sistema de salvagarda do patrimonio inmaterial do Rosal, así como do coñecemento e da memoria que atesouran as persoas maiores do municipio.

Voluntariado, vertidos ou xestión de incendios, entre os temas tratados no Consello Municipal de Medio Ambiente do Rosal

O Concello do Rosal continúa dándolle pulo á participación cidadá, nesta ocasión dentro do seu compromiso co medio ambiente, coa preservación da contorna e coa natureza. Esta semana celebrouse a segunda reunión do Consello Municipal de Medio Ambiente.

Comeza o traballo de campo para avaliar a xestión das augas residuais na zona costeira do Rosal

O Concello do Rosal arranca a vindeira semana o traballo de campo para avaliar a xestión das augas residuais da na zona costeira do Rosal, unha problemática que aínda que depende de Augas de Galicia, preocupa moito ao Goberno municipal por como afecta a todos os veciños e veciñas. Un equipo técnico especializado percorrerá os barrios de Portecelo e San Xián os días 16 e 17 de xuño de 09:00 h a 19:00 horas para realizar o estudo de avaliación e ter unha visión clara da realidade.

As Eiras triplica a súa implicación coa compostaxe individual

Grande acollida por parte da veciñanza dos composteiros individuais (COINs) repartidos polo Concello do Rosal. Trátase dunha acción posta en marcha como parte da estratexia municipal para potenciar a compostaxe individual nas vivendas da localidade e que forma parte dun programa de prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos.