Luns, 5 Maio de 2025

O Rosal

O Rosal pon en marcha un punto verde para xestionar os restos de poda e herbas

O Concello mantén a súa aposta por facer do Rosal un municipio o máis sostible posible. Por este motivo, a partir da vindeira semana o Goberno municipal porá en funcionamento un punto verde, un espazo creado para axudar á veciñanza a xestionar os restos vexetais que non poden ser depositados nos colectores verdes da rúa.

O Rosal achégase ás intervencións realizadas no castro do Pico Bandeira cen anos despois

O Rosal continúa ollando cara ao pasado. Este sábado 5 de novembro o Centro Social Polivalente acollerá unha nova charla ao abeiro das II Xornadas de Patrimonio.

O Rosal estréase en Wikiloc con oito rutas de sendeirismo

Coñecer cada recuncho do Rosal nunca foi tan sinxelo. O Concello estréase en Wikiloc cun perfil propio no que se recolle información detallada sobre unha serie de rutas que percorren o municipio.

O Rosal continúa transformando o núcleo urbano da vila

O Concello do Rosal continúa a traballar para converter o núcleo urbano do municipio nun espazo de calidade, sen barreiras, inclusivo e accesible.

Concerto de outono para celebrar o aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal

Fin de semana musical no Rosal. A Coral da Agrupación Musical do Rosal celebrará este domingo o seu 18 aniversario cun Concerto de Outono no auditorio municipal ao que convidan a asistir a toda a veciñanza.

O Rosal abre a solicitude de subvencións para a mellora das traídas de auga veciñais

O Concello do Rosal mantén o seu compromiso coas traídas de augas veciñais do municipio lanzando unha nova liña de subvencións dotada cun orzamento total de 20.000 euros coas que colaborar con todas estas entidades na mellora das súas instalacións.

O Rosal acolle un seminario sobre a sustentabilidade do sector primario

O Concello do Rosal, en colaboración co Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho, organiza o vindeiro luns 24 de outubro o Workshop “A sustentabilidade do sector primario no río Miño transfronteirizo”.

O Rosal xa está preparado para recibir o Samaín

Samaín chama ás portas e O Rosal prepárase para pasar esta fin de semana unha mañá de medo. Este sábado 22, o narrador, músico e creador de instrumentos de refugallo Brais das Hortas chega ao auditorio municipal cos seus ‘Contos para caghar patatillas’.

O Rosal achégase ao revolucionario mundo dos probióticos da man da doutora Olalla Otero

A microbiota é un conxunto de microorganismos que viven dentro do corpo e realizan funcións decisivas para a saúde.

A auga e o seu aproveitamento, a debate este xoves no Rosal

A auga é un recurso imprescindible para a vida, para as actividades humanas e para o desenvolvemento da agricultura e gandaría.

Outono cargado de cultura no Rosal

O outono chega ao Rosal cargado de cultura. O Concello xa puxo en marcha para os meses de outubro e novembro unha ampla programación na que as actividades infantís e a música compartirán escenario coa literatura, as charlas medioambientais, o teatro ou o patrimonio histórico e cultural.

Comezan as segundas xornadas de patrimonio do Rosal

O Rosal bota unha ollada ao seu pasado co celebración das II Xornadas de Patrimonio, unha serie de actividades para todos os públicos que se levarán a cabo durante os meses de outubro e novembro para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio rosaleiro e do Baixo Miño en todas as súas manifestacións, dende o material ao inmaterial, representado en gran parte polos cabaqueiros do Rosal.