Luns, 5 Maio de 2025

O Rosal

O Rosal pon en marcha unha nova edición do Espazo Crianza

O Concello do Rosal abre unha nova edición do seu Espazo Crianza, ‘Criar en tribo’, un lugar de encontro e acompañamento que ofrecerá a mulleres embarazadas e familias con bebés de 0 a 6 meses unha canle de comunicación, de información e de aprendizaxe sobre o desenvolvemento infantil.

Abertas as inscricións para o Trail Adventure Muíños do Folón

O Trail Adventure Muíños do Folón prepárase para unha nova edición. Xa están abertas as inscricións para participar nesta proba que conta coa colaboración do Concello do Rosal e que o vindeiro 5 de marzo volverá percorrer os espazos naturais rosaleiros.

A Mancomunidade do Baixo Miño pedirá unha partida orzamentaria excepcional para os danos provocados polas choivas

Alcaldes da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño reuníronse este luns de urxencia para valorar os cuantiosos danos sufridos nos catro concellos (A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui) tras o temporal e as abundantes choivas acumuladas durante a xornada de ano novo.

Todo preparado no Rosal para o concerto máis especial do ano

O Rosal conta os días para gozar dunha das actuacións máis agardadas do ano. A Agrupación Musical do Rosal celebra por fin o seu concerto de Santa Icía, actividade coa que conmemoran o día da patroa da música e compartan o seu bo facer co público rosalero.

Os Reis Magos visitarán todos os barrios do Rosal a mañá do 5 de xaneiro

Os Reis Magos volverán a percorrer todos os barrios do Rosal un ano máis. Será a partir das 11:00 horas da mañá do xoves 5 de xaneiro cando unha comitiva cos tres Reis comezará unha visita con case 60 paradas en distintos puntos do concello.

O Rosal comeza o ano coa visita dunha unidade móbil de doazón de sangue

O Rosal comeza o ano achegando a súa pinga de solidariedade. O Concello acolle o vindeiro mes de xaneiro unha nova visita dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará dispoñible o mércores día 4 para todas aquelas persoas que queiran achegarse a doar.

O Apalpador conta a súa historia cun divertido espectáculo no Rosal

O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega nacido no Courel, un pastor mangallón e de bo carácter, con ollada doce e longas barbas coradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.

O Rosal dá un novo paso na rehabilitación integral da Escola Unitaria de Tabagón

O Rosal segue dando pasos para reforzar e modernizar a educación de proximidade ao tempo que recupera o seu legado patrimonial e aposta pola eficiencia enerxética.

O Rosal estrea un pavillón máis accesible

O Rosal continúa o seu camiño cara a un municipio máis inclusivo e accesible en todos os eidos. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, e o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, visitaron o renovado pavillón municipal.

A Deputación aborda a segunda fase da transformación integral da EP-3303 Tabagón-Goián no Rosal

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar o proxecto da segunda fase das obras que transformarán por completo a EP-3303 Tabagón-Goián ao abeiro do modelo provincial de mobilidade amable e sostible.

Esta fin de semana poderás escoitar os ‘Ecos do Nadal’ no Rosal

A programación cultural continúa no Rosal esta fin de semana con música. Este domingo 11 de decembro a Igrexa parroquial de Santa Mariña será o escenario do XII Concerto Coral ‘Ecos do Nadal’

O Rosal recibe o 7 de decembro a visita dunha unidade móbil de doazón de sangue

O Rosal remata o ano cunha nova visita este mes de decembro dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que estará no concello o vindeiro mércores día 7 para todas aquelas persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.