8.7 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal estrea un pavillón máis accesible

    O Rosal estrea un pavillón máis accesible

    O Rosal continúa o seu camiño cara a un municipio máis inclusivo e accesible en todos os eidos. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, e o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, visitaron o renovado pavillón municipal, no que se acometeu unha importante reforma de todas as instalacións que mellorou tanto as condicións de accesibilidade, así como os espazos de usos de todas e todos os deportistas, garantindo tamén a súa seguridade.

    Como salientou a rexedora durante a visita, a través do proxecto Cocreando Sociedade o Concello do Rosal ratificou o seu compromiso “coa inclusión e a mobilidade e por facer accesibles progresivamente todas aquelas dependencias municipais que aínda non o eran, como o noso pavillón municipal”.

    “Con estas novas obras xa dispoñemos dunhas instalacións aptas para persoas usuarias con diferentes tipos de mobilidade, con percorridos completamente accesibles que nos permitan mellorar non só o acceso ao público, senón incluso dar un paso máis alá e abrir as portas do pavillón a actividades de deporte adaptado. Unha iniciativa que ratificou o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta, que salientou “a importancia da renovación das instalacións para facer municipios máis inclusivos a todos os niveis”.

    Ademais da instalación dun ascensor, durante as obras reformáronse integralmente as zonas de vestiarios e aseos, cambiouse o chan mellorando o illamento e creouse unha rampla e unha plataforma horizontal que garante o acceso ao interior do pavillón. Estas melloras súmanse aos traballos de reforma dos vestiarios locais e do cambio da pista de xogo para que usuarios e usuarias puideran practicar deporte de xeito seguro.

    O Concello quere abrir as portas do renovado pavillón á afección, pais e nais de xogadores e veciñanza en xeral. Para facelo, este mércores 14 e xoves 15 de decembro haberá unha xornada de portas abertas de 17.00 a 20.00 horas para que os rosaleiros e rosaleiras poidan comprobar de primeira man o importante cambio nestas instalacións tras a reforma. 

    Este proxecto de mellora levouse a cabo a través dun convenio de colaboración ente o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a través do que se investiron máis de 200.000 euros financiados ao 40% polo Goberno municipal e ao 60 % pola Secretaría Xeral. O pavillón conta cunha alta actividade deportiva e é sede do club de balonmán Valinox Novás, ao que unha vez máis o Concello quere agradecer a súa colaboración e disposición para seguir mellorando as instalacións municipais.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.