A Aula CeMIT da Guarda ven de lanzar o calendario coa programación de novos cursos de informática de balde para nenos e adultos para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Todas aquelas persoas que estean interesadas poden formalizar dende xa a súa inscrición, os cursos serán en horario de mañá e de tarde.
O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello da Guarda, organizou o pasado sábado día 31 de agosto a 10º edición do Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C que contou coa participación dun total de 15 embarcacións.
O vindeiro sábado día 7 de setembro terá lugar no Porto da Guarda a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs amantes da natación na complicada especialidade de augas abertas e para que aínda quedan algunhas prazas baleiras. A inscrición péchase mañá 4 de setembro.
O pasado mércores 28 de agosto se daba por rematada a instalación do parque infantil de Chan de Conde na rúa Concepción Arenal, na Guarda, unha área infantil cuns elementos que , segundo sinalou o alcalde Antonio Lomba, "poden resultar inseguros" ao estar nunha superfice inclinada polo que pediu aos responsables da obra que tomen as medidas adecuadas.
O Auditorio de San Bieito será o escenario este sábado día 31 de agosto para a celebración da IV edición do Encontro da Canción Mariñeira, un evento musical que arrancará ás 20:30 h e que, nesta ocasión contará coa participación de Coiro Vello da Guarda, Orfeão de Vila Praia de Ancora (Caminha) e a Agrupación Coral Polifónica da Guarda.
O vindeiro domingo día 1 de setembro a Alameda da Guarda acolle a cuarta edición da Festa Castrexa, un evento no que se mistura a gastronomía coa exaltación das raíces castrexas da vila da Guarda, contando con moita animación e actividades paralelas ao longo do día.
O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello da Guarda, organiza este sábado día 31 de agosto a 10º edición do Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C.
O domingo día 1 de setembro as pistas deportivas de O Codesal en Camposancos acollen o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda, organizado polo Clube de Volei Miño en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello da Guarda.
O vindeiro sábado día 7 de setembro terá lugar no Porto da Guarda a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs amantes da natación na complicada especialidade de augas abertas.
A Alameda da Guarda acolle esta fin de semana a Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar, que chega este ano á súa VIII edición cunha oferta gastronómica na que se inclúen mexillóns, nécoras, berberechos, empanadas, zorza, pementos de padrón, callos, ourella, chourizos, entre outros produtos.
A Guarda acolle este sábado unha das citas musicais da programación estival, o Festival de Bandas de Música «Vila da Guarda», que chega este ano á súa XIII edición baixo a organización da Agrupación Musical da Guarda en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello da Guarda.
Este domingo día 18 de agosto a Casa dos Alonso acolle a inauguración da Exposición «Arquitectura en Porispán», contando con varias obras de Ramón González González, baixo a organización de Infomaxe coa colaboración do Concello da Guarda.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.