Luns, 12 Maio de 2025

A Guarda

‘The Pretty Shirts’, na Guarda o 12 de outubro

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha o proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’, unha iniciativa que forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, e que busca crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local.

Obradoiro de xoguetes antigos e actuais na Guarda

A partir do 30 de setembro e ata o 21 de outubro a OMIX da Guarda abre o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de xogando en familia: xoguetes antigos e actuais, a través do programa Tecendo lazos da Deputación de Pontevedra.

Visita nocturna ao casco urbano e a 15k do Atlántico, centran a programación desta fin de semana na Guarda

Esta fin de semana, e como xa é habitual, A Guarda acolle varias numerosas actividades entre as que destacan a celebración dunha visita nocturna ao caso urbano e a celebración da '15k do Atlántico'.

A Guarda contará cunha nova escola infantil con 41 prazas

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Servicios Sociais, Beatriz Lomba, mantiveron o martes 24 de setembro unha xuntanza nos Edificios de San Caetano coa conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, onde se lles trasladou o compromiso da Xunta para o financiamento da nova escola infantil da Guarda, para a cal a Administración autonómica achegará 410.000 € e o consistorio local os fondos restantes ata os 690.000 €.

A Guarda da a coñecer os sentidos do tráfico rodado en Concepción Arenal

O martes 24 de setembro de 2019 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, enviou un escrito a Deputación de Pontevedra sobre a continuación das obras de Concepción Arenal onde explica a sinalización definitiva. Con este escrito do alcalde guardés, respondíase a unha comunicación do Servizo de Infraestructuras e Vías Provinciais da Deputación no que requiría “información necesaria en relación a sinalización para proceder a súa colocación e remate das obras”.

A Guarda abre a inscrición das ‘Andainas de Outono’

O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun novo calendario de andainas para este outono, no que se inclúen un total de 3 novas andainas e, como nas edicións anteriores, os percorridos serán en Galicia e Portugal.

Unha aplicación informática fará máis eficiente a xestión das avarías no alumeado público da Guarda

O martes día 17 de setembro o Concello da Guarda, a través do departamento de Novas Tecnoloxías e Vías e Obras, puxo en funcionamento unha nova aplicación de carácter interno que permitirá unha mellor e eficiente xestión das avarías do alumeado público do municipio.

A Guarda celebra, o 23 de setembro, a Romaría de Santa Trega

O vindeiro luns día 23 de setembro (festivo local), A Guarda acolle un ano máis a Romaría de Santa Trega, un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.

A Guarda acolle, este domingo, a «Festa da Recreación Histórica da Idade de Ferro na Galiza»

A Comunidade de Montes de Camposancos en colaboración co Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, o Concello da Guarda, a Entidade Local Menor de Camposancos e a Deputación de Pontevedra, organizan o domingo día 22 de setembro a «Festa da Recreación Histórica da Idade de Ferro na Galiza».

A Guarda repara a esfera da emblemática ‘Torre do Reló’

O pasado venres, 13 de setembro, comezaron os traballos de mantemento e reparación do 'reló' que se atopa antiga torre de procedencia medieval da Praza do Reló, un dos elementos patrimoniais do casco urbano do municipio da Guarda. Formaba parte da antiga muralla medieval e protexía un dos accesos á vila no máis alto do recinto.

Arrancan as obras de mellora da seguriade na contorna das rúas Vigo e Celta na Guarda

O concelleiro de Vías e Obras no Rural, Miguel Español e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitaron esta mañá o arranque das obras na Rúa Vigo. No entorno destas rúas da parroquia de Salcidos, A Guarda conta con numerosas instalacións e equipamentos públicos.

Martín Fiz apadriñará a ’15k do Atlántico 2019′ da Guarda

Martín Fiz, o emblemático atleta que ten acadado numerosos éxitos a nivel internacional na especialidade de maratón, será o padriño e tamén participará na 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa, que se disputará o vindeiro 29 de setembro, cun percorrido polos Concellos de Oia, O Rosal e A Guarda.