Xoves, 3 Xullo de 2025

A Guarda

A Guarda mellora o subministro de auga na zona da Depuradora

Operarios municipais traballan dende fai unha semana na substitución dun tramo da rede de subministro de auga na zona da subida da E.D.A.R. da Guarda. Estas obras realízanse despois de terse detectado numerosas incidencias no subministro nesta zona, polo que se decidiu realizar a substitución completa da tubaxe de subministro de auga ao longo de máis de 200 metros.

Mellora do entorno do Parque de Laxe Grande na Guarda

A pasada semana comezaron as obras de mellora do entorno do Parque de Laxe Grande da Guarda, unhas obras que inclúen a reposición do firme e da area do parque infantil, reparación dos camiños interiores, reparación da fonte e substitución integral da balustrada de pedra.

As praias de Bandeira Azul da Guarda contan xa con novo material para dar “resposta eficaz” a calquera posible incidente

O servizo de socorrismo das praias de Area Grande e O Muíño conta xa con novo material e equipamento de cara a dar unha resposta, o máis rápida posible, a calquera incidencia que se poida presentar en calquera destes dous areais guardeses. Fende xullo a setembro, Area Grande e o Muíño contan con servizo de socorrismo e, durante estes meses, foron recibindo o equipamento previsto para esta tempada que debido a situación sanitaria foise atrasando.

A Guarda instala na praza de abastos colectores para residuos de aparellos eléctricos e electrónicos ao abeiro do ‘Proxecto Estraee’

A Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda ven de instalar no andar superior da Praza de Abastos da localidade 3 colectores para depositar residuos de aparellos eléctricos e electrónicos:móbiles e tablets, pilas e baterías e cargadores e cables. Esta acción realízase ao abeiro do o proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do 'lixo electrónico' promovido pola Deputación de Pontevedra.

Caminha e A Guarda acollen o 21 e 22 de agosto o ‘I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño’

A Câmara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda, ultiman xa os preparativos para o que será a primeira edición do 'Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño', un evento cultural que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños a ámbalas dúas ribeiras do Río Miño.

A Guarda, sede da 90 edición do Encontro da Federación Internacional Clubes Campistas no 2021

O mércores día 19 de agosto o Salón de Plenos da Casa dos Alonso acolleu o acto de Presentación da 90ª edición Encontro Internacional da FICC 2021, un encontro internacional que tan só se celebrou en tres ocasións en territorio español na súa longa traxectoria, e que se celebrará na Guarda o vindeiro ano.

A Guarda convida a artesáns e asociacións sen ánimo de lucro da comarca a participar nun mercado

A Concellería de Desenvolvemento Local do Concello da Guarda vén de anunciar a celebración, durante a última fin de semana de agosto e a primeira de setembro, dun mercadiño co que se pretende apoiar ao sector da artesanía, especialmente golpeado durante este verán pola crise sanitaria. Ao mesmo tempo, a iniciativa pretende favorecer ás entidades de acción social que tanta axuda levan prestado durante a pandemia.

A Guarda acolle, este sábado, o V Campionato Galego Inclusivo Salalom de Motonáutica

O martes día 18 de agosto de 2020 a Casa dos Alonso foi o escenario elixido para acoller a Presentación do V Campionato Galego Inclusivo Slalom de Motonáutica, unha proba deportiva que terá lugar o sábado 22 de agosto a partires das 11:00 h no Porto da Guarda.

Este venres, segunda cita con ‘Música nos Xardíns’ na Guarda

Despois dun primeiro concerto que se celebrou o pasado 31 de xullo a cargo do grupo local Milhomes, este venres día 21 de agosto ás 21:00 h é a quenda do grupo Ded Routines, nun concerto apadriñado polo 'Galifornia Beat'. Ded Routines é un dos segredos ocultos da escena subterránea galega. A banda nace en Camposancos na Guarda, bebendo de toda esa tradición rock que pasa por Dead Moon, Scientists, Rowland S. Howard o Big Star, para definir un son realmente persoal…

A Guarda acollerá a 90 edición do Encontro Internacional da FICC 2021

Imaxe de arquivo da presentación da candidatura da Guarda para acoller este encontro internacional da FICC O vindeiro mércores día 19 de agosto ás 10:30h...

O punto limpo da Guarda recibe unha traspaleta ao abeiro do Proxecto Estraee

Na xornada deste mércores día 13 de agosto o Punto Limpo da Guarda recibiu unha traspaleta ao abeiro do o proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do 'lixo electrónico' promovido pola Deputación. As transpaletas son eléctricas, en sintonía co proxecto sostible e de coidado co medio ambiente, teñen unha capacidade de carga de ata dous mil quilos e unha velocidade máxima de 10 quilómetros hora.

Gran recollida de plásticos o 30 de agosto na costa da Guarda

O vindeiro domingo día 30 de agosto a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais "O Buxeiro" organiza, en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda.