22.1 C
Pontevedra
Martes, 6 de Xuño de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda, sede da 90 edición do Encontro da Federación Internacional Clubes...

    A Guarda, sede da 90 edición do Encontro da Federación Internacional Clubes Campistas no 2021

    O mércores día 19 de agosto o Salón de Plenos da Casa dos Alonso acolleu o acto de Presentación da 90ª edición Encontro Internacional da FICC 2021, un encontro internacional que tan só se celebrou en tres ocasións en territorio español na súa longa traxectoria, e que se celebrará na Guarda o vindeiro ano.

    Neste acto contouse coa presenza de Antonio Lomba Baz, alcalde da Guarda; Montserrat Magallanes, concelleira de Cultura; João Alves, presidente da FICC; José Vicente, presidente da Federación Española de Clubs campistas (FECC); Miguel Merino Ayllón, vicepresidente da Federación Española de Clubs campistas (FECC); Andrés Sánchez, vogal da Federación Española de Clubs campistas (FECC); Juan Antonio Cidanes, presidente do Camping Caravaning Club de Galicia-Vigo; José Iglesias, vogal e responsable das relacións coa FICC e José Coello, representante do Camping Santa Tecla.

    O Presidente da Federación Española de Clubes campistas (FECC) agradeceu na súa intervención a boa disposición do Concello da Guarda para acoller esta edición, destacando que na Guarda xa se celebraron con éxito 3 acampadas nacionais, sendo un municipio excepcional para este tipo de eventos e contando o Camping Santa Tecla cunhas instalacións inmellorables. José Vicente indicou que o evento terá lugar na segunda quincena do mes de xuño de 2021, onde os centos de campistas de todo o mundo gozarán da boa gastronomía local, da natureza e dos recursos turísticos do municipio e da súa contorna cunha morea de actividades nas que se inclúen xogos populares, desfiles, visitas turísticas, entre outras.

    Para o Presidente da FICC é un pracer estar de novo en Galicia, nun evento que se celebra por terceira vez en territorio español dende 1933, destacando a gran experiencia do comité organizador formado pola FECC na realización dos seus encontros nacionais, a apoio amosado polo Concello da Guarda e do Camping Santa Tecla. Joao Alves indicou que a decisión de facelo na Guarda estivo entre as opcións máis distinguidas xunto con Polonia, Croacia e Corea do Sur, pero a gran capacidade da FECC para a organización deste tipos de eventos foi clave para que finalmente A Guarda resultase gañadora, o que con levará unha promoción deste municipio a nivel mundial dende a FICC.

    O Alcalde da Guarda agradeceu a todos os presentes a súa asistencia amosando unha vez más o compromiso do Concello para que este evento saia adiante e ben, agardando tamén que a situación provocada polo Covid-19 mellore de cara ao ano que ven. Antonio Lomba destacou “a gran repercusión a nivel mundial e forte impacto turístico e económico que terá este evento para a vila”, municipio que xa conta cunha longa traxectoria na organización e realización de eventos “coma o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrado o pasado verán ou festas de importante renome coma a Festa da Langosta, do Peixe Espada ou as Festas do Monte”.

    O acto de presentación desta 90 edición rematou coa sinatura do Convenio de Colaboración entre o Concello da Guarda e a FECC, que permitirá xestionar os recursos necesarios para que sexa un éxito.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS