A Concellería de Medio Ambiente, ante o período de seca que levamos atravesando nos últimos meses, reitera a apelación á cidadanía de facer un uso racional da auga.
Alén da falta de precipitacións e temperaturas elevadas, a recente avaría dunha das bombas obríganos a tomar medidas para que o abastecemento de auga chegue a todas e todos os veciños.
O Concello da Guarda, a través da Concelleira de Patrimonio, Montserrat Magallanes, ven de facer pública a súa condena dos desperfectos ocasionados no panel que, en lingua galega, explicaba todo o relativo ás Salinas do Seixal no que é "un auténtico ataque vandálico contra o patrimonio guardés".
O Concello da Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene e seguridade motivadas pola pandemia do covid-19.
Ao longo do mes de agosto o Concello da Guarda ofrecerá dúas visitas guiadas semanais ao casco urbano, onde a temática deste ano é a historia, patrimonio e testemuñas da época moderna da Guarda. As visitas terán lugar os mércores e xoves do mes de agosto.
A concellería de Deportes do Concello da Guarda organiza para o vindeiro xoves día 27 de agosto unha Ruta en Kaiak polo Río Tamuxe. As inscricións están xa abertas e a actividade ten un custo de 4 € por persoa.
O Concello da Guarda, nunha decisión tomada en consenso coa Comisión de Festas e as Bandas Mariñeiras, decidiu suspender este ano as Festas do Monte ante a situación provocada pola pandemia do Covid-19 e, como xa se anunciou en datas pasadas, este ano non se realizarán verbenas, desfiles, romarías nin fogos artificiais, ante as medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas.
O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a realización de “Ioga de Verán”, o segundo encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos que se vai desenvolver o domingo 23 de agosto ás 10:30h.
O Concello da Guarda informa que o mercadillo semanal, que habitualmente se celebra os sábados na vila da Guarda, pasa a celebrarse os venres na semana do venres 7 e venres 14 de agosto.
Deste xeito esas semanas non se celebrará o mercadillo semanal no sábado e adiántase á xornada previa do venres.
Na reunión mantida na xornada de hoxe entre o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o Concelleiro de Seguridade, Miguel Ángel Español; un representante da Policía Local; o Capitán da Guardia Civil da Comandancia de Tui, Francisco Javier Martínez e o Comandante do Posto da Guardia Civil da Guarda, Elicio Rivas Freiría, tomáronse unha serie de medidas que entrarán en efecto a partires desta mesma fin de semana, co obxecto de evitar que se produzan situacións que poñan en perigo a seguridade e salubridade pública, como consecuencia da crise sanitaria orixina polo COVID 19.
O Concello da Guarda despide esta fin de semana o mes de xullo cunha chea de propostas para todas as idades e gustos, recollidas na Axenda de Verán 2020 e na que aparecen reflexadas todas as actividades culturais, formativas, turísticas, deportivas e de ocio que están a disposición de toda a cidadanía guardesa e visitantes ao longo do verán.
Como xa se anunciou en datas pasadas, este ano as Festas do Monte Santa Trega están suspendidas, non se realizarán verbenas, desfiles, romarías nin fogos artificiais, ante as medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas
O próximo xoves, día 30 de xullo, a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda convoca unha concentración ás 12 da mañá diante do centro de saúde da Guarda, protesta que ven provocada, segundo os organizadores, porque “os vellos problemas continúan, ou vense incluso aumentados".
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.