Venres, 4 Xullo de 2025

A Guarda

O Concello da Guarda presenta o orzamento para o 2021

O equipo de goberno do Concello da Guarda presentará este venres 18 de decembro os orzamentos do próximo exercicio para a súa aprobación inicial polo Pleno Municipal. O pasado mes de outubro comezaron os traballos de confección dun novo orzamento para o exercicio 2021, xa que o concello estaba traballando co prorrogado do ano 2018.

A programación do Nadal 2020 trae esta semana á Guarda música, maxia e moito máis

Continúa a programación de actividades do Nadal 2020 na Guarda e, seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00h na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda (en caso de choiva quedaría anulado).

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 18 e sábado 19 de decembro

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 18 de decembro e sábado día 19 de decembro. Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao Carón do Centro Cultural) o venres 18 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 19 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.

Citas para a renovación do DNI na Guarda no mes de xaneiro

O vindeiro xoves día 17 de decembro de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de xaneiro de 2021.

Luisa Piñeiro reafirma a “máxima colaboración” da Xunta co Concello da Guarda

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, reafirmou esta mañá a “máxima colaboración” do Goberno galego co Concello da Guarda durante a súa visita institucional ao municipio. Así, apuntou que nos vindeiros meses haberá importantes actuacións en materia de infraestruturas, cun novo treito da Vía de Altas Prestacións (VAP) por 17 millóns de euros que mellorará a mobilidade no Baixo Miño, a nova escola infantil licitada en 760.000€ ou as obras de Portos de Galicia na rampla do peirao por 200.000€.

Continúa a programación do Nadal 2020 na Guarda con teatro, música e moito máis

Despois da primeira semana de actividades da programación do Nadal 2020 na Guarda, na que se realizou o acendido do alumeado, o arranque do Mercado de Nadal, a charla de Fernando Rego e o Concerto de Helen & Shanna, chega a segunda semana de programación, con moitas actividades para todas as idades.

A música de Helen & Shanna e a charla de Fernando Rego completaron a programación da pasada fin de semana na Guarda

O pasado sábado día 5 de decembro, a Casa dos Alonso acolleu os dous primeiros eventos culturais da Axenda de Nadal 2020 do Concello da Guarda. A través da Concellería de Cultura, retomouse o proxecto “Música nos Xardíns”, paralizado por mor da pandemia da Covid-19 no mes de agosto, para por en valor a escena musical e de festivais a nivel local, en consenso coas asociacións culturais da vila.

A Guarda participa na Campaña “Baixo o mesmo paraugas” no Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Hoxe xoves día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.

A Guarda vestirase de Nadal este venres co acendido do alumeado e o arranque das actividades programadas para estas festas

A Casa dos Alonso acolleu este mércores, 2 de decembro, a presentación da Campaña de Nadal 2020 nun acto presidido polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez e o concelleiro de Turismo, Festas e Festexos Populares, Rafa Álvarez. O programa arrancará xa este venres día 4 de decembro ás 18:15 h co acendido do Alumeado de Nadal e animación polas rúa da vila con 'A Luz do Camiño'.

A Guarda pon en marcha un Banco municipal de voluntariado

Esta acción nace coa intención de crear unha bolsa de persoas voluntarias dependente do Concello da Guarda, que sexa unha ferramenta estable que acolla a toda persoa que por decisión propia e libre teña diversas inquedanzas para colaborar coa comunidade de forma desinteresada.

A Guarda máis preto da apertura da rúa Baixo Muro

No pleno celebrado o pasado venres 27 de novembro a corporación municipal deu luz verde a aprobación provisional da modificación puntual nº 5 do plan xeral de ordenación urbana, un trámite necesario para a futura apertura da conexión entre a rúa Baixo Muro e rúa Ireira.

Asociacións da Guarda reciben formación sobre liderazgo

O pasado sábado día 28 de novembro o Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolleu unha xornada de formación adicada especialmente aos colectivos e asociacións existentes no municipio.