8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda vestirase de Nadal este venres co acendido do alumeado e...

    A Guarda vestirase de Nadal este venres co acendido do alumeado e o arranque das actividades programadas para estas festas

    A Casa dos Alonso acolleu este mércores, 2 de decembro, a presentación da Campaña de Nadal 2020 nun acto presidido polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez e o concelleiro de Turismo, Festas e Festexos Populares, Rafa Álvarez. O programa arrancará xa este venres día 4 de decembro ás 18:15 h co acendido do Alumeado de Nadal e animación polas rúa da vila con ‘A Luz do Camiño’.

    A luz e a cor branca son os protagonistas do pasarrúas, onde ó ritmo da percusión, as fadas luminosas e unha gran bicicleta xigante, transportarán aos nenos a un mundo de fantasía. Dende o Concello se pide á poboación evitar a aglomeración de persoas durante este pasarrúas, mantendo sempre a distancia de seguridade interpersoal.

    A programación continúa na xornada do sábado día 5 de decembro ás 11:30 h coa charla de Fernando Rego no Salón de Plenos e posterior concerto na Praza do calvario do grupo Helen & Shanna. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es

    O venres 11 de decembro a programación de Nadal prosegue coa representación teatral de ‘Running polo Camiño’, que terá lugar ás 20:30 h no Centro Cultural. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 611 850 (en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es

    O sábado 12 de decembro ás 12:00 h chega o momento dá música con Cantos de Nadal, un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cántigas tradicionais e de nadal.

    Seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00 h na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es

    O venres 18 de decembro ás 17:00 h as rúas da Guarda encheranse dun divertido repertorio especial de Nadal con ‘O Belén de Pulpiño’ do Pulpiño Viascón, para todos os públicos. Polas rúas da vila a partir das 17:00 horas

    O sábado 19 de decembro ás 12:00h nova sesión de Cantos de Nadal, e ás 17:30 h o Centro Cultural será o escenario do Espectáculo de maxia ‘O Cinematólogo’. Emoción, recordos, risas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 611 850 (en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es

    O martes 22, mércores 23 e xoves 24 decembro ‘Os carteiros do Nadal’ estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas(22 e 23 en horario: 17:00h a 20:00h horas e 24 en horario: 10:30h a 13:30h).

    O derradeiro evento do ano terá lugar o sábado 26 de decembro co Espectáculo infantil ‘Zona en obras’ de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público. O evento terá lugar no Centro Cultural ás 17:30 horas. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 17:00 h a 20:00 h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es

    Xa no mes de xaneiro o sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acolle ás 17:30 h a obra de Teatro Infantil ‘O Crebanoces’ de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.

    Os ‘carteiros do nadal’ regresan o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h)

    O martes 5 xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, serán repartidaspara que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas nas fachadas das casas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.