Mércores, 9 Xullo de 2025

A Guarda

Continúa a programación do Nadal na Guarda

Despois do acendido do alumeado de Nadal o pasado venres día 3 de decembro, a programación continúa este venres día 10 de decembro co Obradoiro “Reutilizando Envases” na Casa dos Alonsos ás 18:30h.

A Omix da Guarda oferta varios obradoiros para rematar o ano

A Omix da Guarda organiza diversos obradoiros nos que posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos.

A Guarda da a benvida ao Nadal 2021 este venres co acendido do alumeado

O Concello da Guarda arranca este venres día 3 de decembro a programación do Nadal 2021 co acendido do alumeado, actividades que terán lugar dende ás 18:00h.

A Guarda nomeou fillo adoptivo e realizou unha homenaxe a Eliseo Alonso

O pasado sábado día 27 de novembro de 2021 A Guarda realizou unha programación de actividades para homenaxear a Eliseo Alonso actividades que tiveron comezo cun Pleno Extraordinario no Salón de Plenos, onde se nomeou a Eliseo Alonso coma Fillo Adoptivo do Concello da Guarda.

A Guarda promove visitas guiadas para a Ponte da Constitución

O Concello da Guarda e o Padroado Municipal do Monte Santa Trega ofrecen visitas guiadas durante a Ponte da Constitución ampliando a oferta de que facer na vila.

O concello da Guarda organiza unha Mostra Creativa de Nadal

O Concello da Guarda está a deseñar a campaña de Nadal e, dentro das accións comerciais, este ano se vai a incluír unha Mostra Creativa de Nadal no Mercado de Abastos.

A Guarda homenaxea este sábado a Eliseo Alonso

O vindeiro sábado día 27 de novembro de 2021 A Guarda realiza unha homenaxe a Eliseo Alonso cun programa de actividades que arrancará ás 11:00h cun Pleno Extraordinario no Salón de Plenos no que se nomeará a Eliseo Alonso coma Fillo Adoptivo do Concello da Guarda.

A Guarda convoca as Subvencións Municipais por concorrencia competitiva 2021

O Concello da Guarda aprobou a primeira Ordenanza Xeral Reguladora das Subvencións Municipais por concorrencia competitiva, respectando os principios de publicidade, libre concorrencia, igualdade para a realización de actividades e utilidade pública e de interese social.

José Manuel Lorenzo e María Martínez conquistan o VIII Trail do Trega

Ambientazo no Paseo da Alameda nos prolegómenos do Trail do Trega que se celebrou na mañá de onte domingo na Guarda. Máis de 450 atletas tomaban parte na saída do que ía ser a última das probas da Pontevedra Trail League, tras as celebradas no Rosal e Tui en datas anteriores.

Tres «Flores de Honra» para a Guarda no certame Vilas en Flor 2021

O Concello da Guarda participou este mércores en Allariz no Certame de valoración do programa Vilas en Flor que recoñece o labor na xestión de zonas verdes dos concellos galegos de menos de 40.000 habitantes. A Guarda participa por terceiro ano consecutivo nesta iniciativa posta en marcha pola Fundación Juana de Vega, a Asociacion de Viveristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) e que avalía a mellora ambiental, social e económica dos municipios galegos.

A Guarda recibirá da Deputación máis de seiscentos mil euros para a reforma e ampliación do pavillón da Sangriña

A Deputación confirmou, na presentación do plan de reactivación económica da provincia REACPON, a achega de 609.672,24 € para acometer a execución da reforma e ampliación do pavillón municipal da Sangriña.

Máis de 450 atletas daranse cita o domingo 21 de novembro nun VIII Trail do Trega que da un paso máis “cara a normalidade”

A Praza do Reló da Guarda foi o escenario elixido no día de onte para a presentación da que será VIII edición do Trail do Trega que busca ser un paso máis para "a normalidade" logo dos paróns provocados pola pandemia da COVID-19.