Luns, 18 Agosto de 2025

A Paradanta

Arbo recupera os lavadoiros de Ferral e Vieiro

O Concello de Arbo deu por rematadas as obras de mellora dos lavadoiros de Ferral na parroquia de Arbo e Vieiro na parroquia de Mourentán con medios e fondos propios. Estas melloras, moi demandadas polos veciños e veciñas, forman parte do Plan de restauración do patrimonio cultural e etnográfico establecido polo goberno municipal.

Adxudicación das obras do Parque Infantil de Barcela e a colocación de mobiliario no Casco Urbano

O Concello de Arbo, detectou a necesidade de mobiliario urbano para mellora do servizo o cidada e a calidade do mesmo, asi como unha nova balaustrada no Punto de Atención a Infancia (PAI) para a mellora da seguridade e das prestacións aos usuarios do parque infantil e colocación de xardineiras para ubicar no Casco Urbano para delimitar as zonas peatonais.

O Baixo Miño e o Condado-Paradanta apostan pola rede ‘Ágora’ da Deputación para recuperar espazo público para as persoas reducíndollo aos coches

Tres de cada catro municipios da provincia, un total de 44, formalizaron a súa adhesión á rede ‘Ágora’ de concellos pola recuperación do espazo público impulsada pola Deputación. Trátase dun proxecto do departamento de Mobilidade que ten como obxectivo que os municipios da provincia multipliquen o espazo destinado ás persoas nas vilas, cidades e calquera núcleo de poboación reducíndoo aos vehículos a motor.

Arbo inicia a contratación para a posta en marcha do seu Centro Social

Na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación celebrada do día 8 de xullo de 2019, adxudicába o contrato de compravenda do inmoble sito no lugar de Chan, facendose efectiva a compra coa sinatura ante notario o 17 de xullo de 2019 para destinalo a centro social para a terceira idade.

Arbo xa dispón da súa primeira vivenda social

O Concello de Arbo conta xa coa súa primeira vivienda social, logo de ter rematados os traballos de reparación e mellora da vivenda dos mestres da antiga escola de Cequeliños, traballos para os que o Concello recibía unha achega por importe de 8.269 € do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente.

As obras para adecuar o entorno da capela de San Xoán xa están en marcha

As obras inclúen a limpeza do ámbito, retirada da capa de formigón do entorno cércano a capela e a colocación de adoquín ou enlosado de granito país, colocación de bancos e dunha Varanda de protección nas escaleira de acceso peonil.

O PP da Cañiza denuncia que o goberno local contratou as luces de Nadal de 2019 a unha empresa que acometeu a obra de...

O Partido Popular denuncia que a empresa que instalou o ano pasado as luces de Nadal na Cañiza, Ximénez, foi sancionada pola Consellería de Industria por non contar co Certificado de Instalación correspondente, xa que se trataba de unha instalación ilegal.

Arbo destina 38.000 euros para as obras de Acceso Couto a As Laxas

Á vista do expediente que se tramitou ante a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural dacordo coa resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se aproba o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014 – 2020 para “Acceso Couto – As Laxas”, cun orzamento total de 38.102,90 €.- (IVE do 21% incluido) o Concello de Arbo, recibia da Consellería de Medio Rural comunicación da concesión de subvención o pasado 16 de xullo para a mellora do Camiño de As Laxas.

Nace en Ponteareas a asociación “Móvete polo TDAH”

A Concellería de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, presentou a asociación “Móvete polos nosos fillos”, que nace para loitar pola visibilidade e polos dereitos das persoas afectadas polo trastorno de aprendizaxe TDAH nas comarcas do Condado, da Paradanta e da Louriña.

Arbo Recibe 4.000 euros para elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES)

O Concello de Arbo ven de recibir por parte da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda a notificación da resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se conceden as axudas convocadas pola Orde do 5 de maio de 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, que vai destinada a asistencia técnica na elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), por un importe de 4.000 €.

O Concello de Arbo reforza a limpeza e desinfección no C.E.I.P Antonio Carpintero

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional e o conselleiro de Sanidade aprobaron pola resolución conxunta do 22.07.2020 o Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, que inclúe no seu apartado 4 as medidas xerais de limpeza. Consonte as referidas medidas, cada centro disporá dun protocolo de limpeza e desinfección que formará parte do Plan de adaptación a situación COVID-19 no curso 2020/2021.

O Goberno local non da explicación de por qué pola súa falla de xestión se perderon 600.000,00€ para o concello da Cañiza

O luns celebrouse o pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular da Cañiza para que Piña explicase a perda de Subvencións, mais concretamente: No ano 2019, o concello da Cañiza non xustifica a tempo a subvención para a Instalación da Unidade de Tratamento de Aire e Climatización da Piscina Climatizada Municipal, polo que perde a cantidade de 112.000,00 € que a Xunta tiña dado para este proxecto, o que non perde é a obriga de pagarlle a empresa que fixo a obra.