Mércores, 3 Setembro de 2025

A Paradanta

A Cañiza anuncia dous cursos de formación para persoas desempregadas

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, anunciou esta mañá que o Concello activa dúas novas accións formativas en colaboración con ADEC (empresa beneficiaria dunha subvención da Deputación de Pontevedra).

O alcalde da Cañiza agradece a doazón de alimentos dos usuarios do Centro de Día “Anxo”

O alcalde do Concello da Cañiza, Luis Piña, visitou esta mañá aos usuarios do Centro de Día "Anxo" da comarca para agradecerlles persoalmente esta acción solidaria en beneficio das familias incluidas nos programas de emerxencia social desenvolvidas dende o Concello.

Arbo premia aos compradores do comercio local

Baixo o lema “agora máis ca nunca apoia ao comercio local”, o Concello de Arbo pon en marcha un ano máis a campaña “comprar en Arbo ten premio”, en colaboración coa asociación de comerciantes do municipio, na que participan máis de noventa establecementos da localidade arbense.

As obras para arranxar o tellado do pavillón municipal da Cañiza xa están en marcha

O alcalde do Concello da Cañiza, Luis Piña, informou na mañá de onte que a pesares do mal tempo, as obras avanzan para rematar nas datas sinaladas no convenio asinado coa Xunta de Galicia para reparar a cuberta desta instalación municipal e comprar 123 colectores para a recollida de RSU por un importe de 70.296.96 €.

Xa está operativo o videomarcador do pavillón municipal da Cañiza

A nova pantalla Led “multideporte” do pavillón municipal inaugurouse o pasado sábado 27 de novembro, durante os encontros disputados entre o Saeplast BM. Cañiza e o Rodosa BM. Chapela e o Oliveira & Faro Saeplast Cañiza e o Siero Deportivo BM.

A Deputación instalará sistemas sostibles de xestión da auga en Nigrán, Ponteareas e A Cañiza

A Deputación de Pontevedra vén de recibir novamente boas noticias dende Europa. Unha vez máis o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu subvencións a proxectos ata en 8 concellos da man da institución provincial.

Rematadas as obras de saneamento na parroquia de Cequeliños en Arbo

O Concello de Arbo, aínda que conta cunha importante rede de saneamento, ten pendente de execución algúns ramais da rede de saneamento que se incorporarán á rede xeral, en concreto, neste intre, trátase dun ramal que permita conectar o barrio de Rial-Cotiño coa rede xeral.

A veciñanza paraliza Covelo para defender a sanidade pública

Máis de cincocentas persoas manifestáronse onte sábado, 4 de decembro, en Covelo para reivindicar unha sanidade pública de calidade, universal e, por extensión, que se garanta un dereito básico a todas as persoas independentemente do nivel de ingresos.

O Balonmán Saeplast Cañiza doa alimentos ao almacén municipal

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, agradece a toda a familia do "Clube de Balonmán Saeplast Cañiza" polos alimentos doados esta semana ao almacén municipal.

A Cañiza da comezo ao Nadal mañá co acendido das luces

Na tarde noite de mañá sábado 4 de decembro, o Concello da Cañiza acenderá as luces deste Nadal 2021. Igual que estes dous anos pasados, o encargado de iluminar as rúas, espazos públicos e lugares do municipio será Iluminaciones Ximénez.

A Xunta colabora con Crecente e Arbo para corrixir impactos paisaxísticos

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, está a colaborar coa posta en valor de elementos patrimoniais de titularidade municipal nos concellos de Arbo e Crecente ao abeiro da nova orde de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos.

O teatro volve ao auditorio de Arbo

O Concello de Arbo volve a ofrecer actividades culturais no auditorio, nesta ocasión cunha obra de teatro. O Concello pretende ir facendo camiño á nova normalidade con actividades adaptadas, sempre cumprindo coa normativa, pero que ofrecen un momento de lecer e divertimento para a poboación infantil do municipio.