Mércores, 3 Setembro de 2025

A Paradanta

Covelo inviste 33.348 € na mellora das instalacións do cemiterio de Piñeiro

O Concello de Covelo dá un paso máis na mellora das infraestruturas e servizos municipais de uso público coa execución do proxecto “Mellora das instalacións do cemiterio de Piñeiro”.

O establecemento turístico da Cañiza ‘Finca Briaví’ galardoado co distintivo SICTED de calidade turística

O GDR Condado Paradanta organizou este pasado luns a 'II Gala de Calidade Turística' en Mondariz Balneario, nun acto no que se entregaron 20 novos distintivos SICTED e no que participaron os dez alcaldes e alcaldesas das comarcas do Condado e Paradanta e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

A Xunta remata a renovación do auditorio de Crecente

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de rematar as obras de renovación de servizos e equipamentos e de instalación de medidas de seguridade no auditorio municipal do Concello de Crecente, nas que se investiron 35.000 euros.

A unidade móbil de inspección técnica agrícola estará en Arbo

Comunícase a todos os veciños interesados, que a Unidade Móbil 10 de inspección técnica de agrícolas desplazarase ao concello de Arbo nas seguintes datas e ubicacións.

“Covelo parroquia a parroquia” percorrerá os 154 km2 do concello ao rescate da riqueza toponímica

Poñer en valor a microtoponimia do noso concello é o obxectivo do proxecto “Covelo, parroquia a parroquia”. Esta iniciativa, que arrincou o ano pasado coa edición do libro “Barcia de Mera, notas de toponimia, historia e patrimonio”, aterrou en Santa Mariña hai uns meses co apoio do Concello.

Volve a Andaina da Lamprea ao Concello de Arbo

Entre as actividades previas á celebración da LXII Festa da Lamprea (23, 23 e 24 de abril), Arbo acollerá a quinta edición da Andaina da Lamprea o vindeiro domingo 3 de abril, despois de dous anos que por mor da crise sanitaria non se puido levar a cabo.

Centos de deportistas percorrerán Covelo no raid de orientación “Tralas pegadas do lobo”

O concello de Covelo acollerá a celebración da 2ª proba da liga galega de orientación que atraerá a centos de deportistas dispostos non só a suar a camiseta se non tamén a coñecer os nosos ríos, montañas, vales e natureza salvaxe.

A Cañiza conmemora o 8M cunha viñeta do ilustrados Luis Davila

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, a tarde de onte o alcalde da Cañiza, Luis Piña, acompañado das concelleiras do equipo de goberno e da educadora familiar dos Servizos Sociais municipais, presentaron unha das accións que integran o proxecto municipal de Igualdade para este 2022.

Alcaldes do Condado-Paradanta urxen á Xunta unha reunión para tratar a situación da Atención Primaria na comarca

As alcaldesas e alcaldes do Condado-Paradanta solicitan á Xunta manter unha reunión urxente para buscar solucións ante a situación que está a atravesar a Atención Primaria na comarca, onde a falta de persoal sanitario provoca un progresivo deterioro da atención sanitaria nos centros de saúde da contorna e, especialmente, en Ponteareas, onde radica o PAC de referencia de todo o territorio.

A Xunta concede axudas ás principais adegas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de conceder 466.000 euros ás principais adegas das comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño ao abeiro da orde de axudas para reestruturación e conversión do viñedo.

Plan para unha fin de semana completa no concello de Covelo

Ás portas da fin de semana o concello de Covelo ofrece plans para un sábado e un domingo de lecer no que non faltarán a boa gastronomía, produtos da terra, música, moita natureza, rutas de sendeirismo, visitas guiadas, museos e unha longa listaxe de atractivos na súa frondosa contorna.

O Concello da Cañiza pon en marcha a actividade “Xénero versos”

Os alumnos de 3º da ESO do Centro Escolar da Cañiza, un ano máis, fan uso da música para concienciar e sensibilizar sobre a igualdade de xénero.