Xoves, 28 Agosto de 2025

A Paradanta

Covelo e a UVigo promoven o coñecemento científico entre a cidadanía

O Concello de Covelo e a Universidade Vigo veñen de asinar un convenio de colaboración para promover o desenvolvemento científico e tecnolóxico na procura dunha aplicación práctica do coñecemento en proveito da sociedade.

Covelo ofrece un curso de manipulación, transformación e comercialización de produtos do medio rural

A concelleira de Formación e Emprego do Concello de Covelo, Lourdes Enes, informa da celebración dun curso de manipulación, transformación e comercialización de produtos vinculados co medio rural.

Covelo abre a inscrición para o curso de informática e internet aplicado ás explotacións do medio rural

O goberno de Covelo informa da celebración dun curso de informática e internet aplicado ás explotacións do medio rural.

O Concello de Covelo realizará obras de mellora no cemiterio municipal de San Salvador de Prado

O Concello de Covelo procederá á realización de obras de mellora no cemiterio municipal de San Salvador de Prado, así o informou o seu alcalde, Pablo Castillo.

Arbo realizará obras de mellora na EDAR de Barcela subvencionadas pola Xunta de Galicia

O Concello de Arbo, esta realizando nestas semanas o procedemento de contratación para as actuaciónS de mellora na eficiencia enerxética e reparación na EDAR de Barcela-Arbo, unha obra para a que se solicitou a colaboración da Consellería de Presidencia.

A asociación «Arcángel San Miguel» de Cequeliños, Arbo, organiza un curso gratuíto ce patchwork

A Asociación Veciñal, Deportiva, Cultural e Xuvenil 'Arcangel San Miguel' de Cequeliños, inicia a súa andadura coa nova normalidade abrindo a inscrición para o curso de Patchwork totalmente gratuíto que se desenvolverá neste vindeiro mes de outubro nas Antigas Escolas de Cequeliños.

“Auga e Vida” nomeada a mellor obra artística do GDR Condado Paradanta

A fotografía “Auga e Vida” de Diego Alonso foi nomeada polo público como a “mellor obra artística do GDR Condado Paradanta”, na terceira edición do certame artístico que organiza a entidade supramunicipal.

Arbo homenaxea ao Arbo CF e a José Juan Domínguez na Gala da Lamprea

Durante o acto, o Concello de Arbo fixo entrega dos premios dos concursos da LX Festa da Lamprea e do Certame “Brais Alonso”, e aos alumnos do CEIP Antonio Carpinteiro gañadores do Concurso de redacción e debuxo da LX Festa da Lamprea, gañadores do concurso de fotografía, un recoñecemento a Asociación mulleres Rurais Arbenses polos seus 20 anos.

Covelo avanza e suma novos tramos á rede de saneamento

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, informa que veñen de comezar as obras do proxecto de “ramais de saneamento de Carballeda, en Covelo e O Barreiro e As Óseas, en Santa Mariña”.

Comezan en Arbo as obras de mellora do ensanche do vial da igrexa de Santa María á capela de San Pedro

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra.

Observación estelar no Alto do Castelo do Faro, esta fin de semana en Covelo

Organizado polo Concello de Covelo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o GDR Condado Paradanta, dentro da programación cultural estable que se ofrece ao longo do ano no concello, esta fin de semana trinta persoas poderán gozar do roteiro guiado e observación estelar no alto do Castelo do Faro.

A Xunta fomenta o deporte e o lecer co minicampamento ‘Aventura en Paradanta’, en Covelo

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou aos participantes no minicampamento Aventura en Paradanta que ten lugar no concello de Covelo.