Mércores, 27 Agosto de 2025

A Paradanta

As Raíñas e Reis Magos de Oriente visitarán as parroquias de Covelo

A comitiva das Raíñas e Reis Magos de Oriente visitará cada unha das parroquias do Concello de Covelo para repartir ilusión o día 6 en cada recuncho. Deste xeito, a raíña e o rei Melchor sairán de Fofe ás 16:30 horas para chegar a Piñeiro ás 17 e visitar Barcia de Mera ás 17:30 horas.

Covelo aproba en pleno a recepción do conxunto abacial de San Martiño de Barcia de Mera

O pleno do Concello de Covelo aprobou a recepción da cesión do pazo abacial, casa de obra, alpendre e hórreo do conxunto parroquial de San Martiño de Barcia de Mera.

Gran Cabalgata de Reis en Arbo

Mañá xoves, 5 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, e seguindo coa tradición, as súas maxestades os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Arbo e entregarán agallasallos aos nenos de ata 11 anos de idade que teñan o correspondente vale regalo.

Julio César García-Luengo optará á reelección á alcaldía de Crecente

Julio César García-Luengo optará á reelección á alcaldía de Crecente nas municipais de maio. Así o anunciou o candidato, nun encontro con varios representantes da xunta local, ao que asistiu o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López.

A Xunta rehabilita integralmente o mercado de Crecente

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, está a rehabilitar de xeito integral o Mercado Municipal de Crecente para impulsalo como centro de dinamización socioeconómica

Covelo rexeita a instalación dunha liña de alta tensión de Red Eléctrica Española

O Concello de Covelo e as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Godóns, Maceira e San Salvador de Prado amosan o seu rexeitamento ao trazado do proxecto do “Parque 220 kV da Subestación Fontefría” promovido por Red Eléctrica de España SAU.

O Club de Patinaxe Covelo celebrou o seu festival de Nadal

Dende o ano 2004 o Club de Patinaxe Covelo promove, en cada adestramento e competición, os valores do esforzo e sacrificio pero tamén ese termo que nestes últimos anos está tan de moda, a resiliencia, tan necesaria para superar cada caída e saber levantarse reforzado disposto a afrontar un novo reto.

Covelo destina 6.000 € aos clubs deportivos locais

O Concello de Covelo informa da sinatura dos distintos convenios mediante os que se apoia aos clubs deportivos locais para facilitar que sigan desenvolvendo a súa actividade.

Arbo organiza actividades no mercado para dinamizar a compra de cercanía

O Concello de Arbo pon en marcha a campaña 'Cociña de Mercado', coa finalidade de dinamizar a Praza do Mercado de Arbo. Con tal motivo organiza os obradoiros “Cociña de Mercado” os días 4, 11, 18 e 25 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:00 horas na Praza do Mercado.

Zona Franca busca chan empresarial na Cañiza

O nivel de ocupación do chan empresarial-industrial do Consorcio da Zona Franca de Vigo é moi elevado, chegando ao 100% na maioría. Esta situación levou á institución “á procura de oportunidades e estase traballando no desenvolvemento de posibles parques industriais como o da Ran en Cuntis, cunhas 64 hectáreas, e na Cañiza, con preto de 96 hectáreas”, segundo informou o delegado do Estado, David Regades, ao pleno do Consorcio na súa última sesión do ano.

A Xunta comeza as obras de acondicionamento da antiga PO-400 de Arbo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de comezar as obras de acondicionamento e mellora da seguridade viaria do antigo trazado da estrada PO-400, no concello de Arbo, que contan cun investimento de 1,3 millóns de euros, no que se inclúen as expropiacións dos predios necesarios para a execución do proxecto.

A Cañiza mellora os camiños de Xunqueiras, Coto do Muíño e Santa Baia na parroquia do Couto

O alcalde da Cañíza, Luis Piña, deu conta dos traballos de mellora que se están a desenvolver en tres viais municipais da parroquia do Couto, un deles xa iniciado como é o do camiño de Santa Baia e outros dous –Coto do Muíño e Xunqueiras– que se acometerán pasadas a festividade de Reis con previsión de que estean rematadas a finais de xaneiro. Os traballos supoñen un investimento total de 106.483,27 euros e contan cunha subvención de 87.899,00 euros do AGADER.