O Concello de Ávila clausurou onte a exposición 'Esculturas e Etapas da súa Pintura' do pintor cañicense Diego de Giraldez –Fillo Predilecto da Cañiza–, unha mostra que recolle cerca de medio centenar de obras a través das que se pode observar a evolución da creatividade do artista. No acto, presidido polo alcalde de Ávila, Jesús Manuel Sánchez Cabrera, participou tamén o alcalde da Cañiza, Luis Piña; o concelleiro de Cultura de Ávila, Ángel Sánchez e a concelleira da Cañiza Paula Bacelar.
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, reuniuse en Madrid, na sede do MITMA (Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana), co director xeral de Estradas do Estado, Juan Pedro Fernández Palomino, para tratar de desbloquear os traballos de acondicionamento da N-120 ao seu palo pola vila. Na xuntanza tamén estivo presente, vía telemática, o xefe provincial de Estradas do Estado na provincia de Pontevedra, Pablo Domínguez.
Belén Carballo, actual concelleira do BNG no Concello de Covelo, vén de facer pública a súa candidatura á Alcaldía. Os nacionalistas veñen de depositar a súa confianza e apoio no bo facer da edil nos últimos anos. Natural de Godóns e licenciada en Socioloxía e Antropoloxía, colaborou como socióloga no proxecto Vidas con historia da Deputación de Ourense, na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerés–Xurés.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, realizaron hoxe unha visita ao centro de saúde de Covelo, na que estiveron acompañados polo alcalde, Pablo Castillo, para informar de que o Goberno galego vai incluir 8 prazas de médicos e pediatras, que darán servizo aos concellos de Covelo, Ponteareas, Arbo, Mondariz, Tui e Tomiño, na convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que aprobará nas vindeiras semanas.
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, reuniuse este sábado, 11 de marzo, no apiario do Couto cunha veintena de apicultores locais para entregarlle os 116 botes que permitirán iniciar nesta primaveira os traballos de neutralización dos niños.
O Concello de Arbo adheríase ao programa de gratuidade aplicada tanto nos centros públicos de titularidade autonómica (dependentes da AGASS e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar), como nos privados, de iniciativa social, municipais ou de calquera outra índole que estean adheridos ao programa.
Seguir aprendendo e promover o coñecemento é o obxecto do convenio que o Concello de Covelo e a Universidade de Vigo asinaron no pasado ano froito da colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e as Universidades de Santiago, Coruña e Vigo.
O alcalde da Cañiza recibe, da man de Luís Manuel González Piñeiro, párroco de Santa María de Luneda, varios exemplares do II artigo sobre «Santa María de Luneda. Historia dunha iglesia Sanjuanista. S. XVI-XXI. PARTE II».
A Concellería de Formación, que dirixe Lourdes Enes, informa que está aberto o prazo de matrícula para os primeiros cursos do Plan de Formación do Concello de Covelo.
O pasado 15 de decembro a empresa Galaicontrol S.L., encargada da redacción do proxecto de construcción desta importante rúa da Cañiza, entregou no Concello o traballo definitivo.
Esta mañá, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; acompañada do alcalde, Luis Piña; da xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación, Manuela Vilaboy; de concelleiros da Corporación e da responsable do Servizo de Igualdade do Concello, presentaron o proxecto «MAVI».
Arbo iniciou a pasada semana a campaña anual de poda coa finalidade de manter nun adecuado estado de conservación as árbores do municipio e permitir o seu óptimo desenvolvemento.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.