Luns, 30 Xuño de 2025

A Paradanta

Do 26 ao 28 de abril Arbo acolle unha nova edición da Arbomostra ao abeiro da Festa da Lamprea 2023

A última fin de semana de abril (28, 29 e 30 de abril), os hostaleiros, adegueiros e habitantes do concello de Arbo celebran a súa festa por excelencia, que atrae a visitantes de todas partes e que este ano se estrea co titulo de Festa de Interese Turístico Internacional. Trátase da ‘Festa dá Lamprea’, que en este ano 2023 cumpre 63 anos. Nela os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas.

O centro de saúde de Covelo ofrece unha charla gratuíta e aberta a toda a cidadanía sobre a saúde da muller

O Centro de Saúde de Covelo aposta pola formación e concienciación como método para atallar no proceso de cura de enfermidades e como ferramenta para a detección e prevención. Comprometido coa saúde da veciñanza de Covelo, este luns día 27 de marzo ofrecerán unha charla sobre a saúde da muller ao longo dos anos.

Concello de Cañiza e Via Mariana de Peregrinación Luso-Galaica, que une Braga con Muxía, asinan un convenio de colaboración

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, asinou onte un convenio de colaboración coa 'Vía Mariana de Peregrinación Luso-Galaica' ruta que une as localidades de Braga e Muxía. O acto de sinatura tivo lugar na Casa Cultural de Parada –antes da reunión que o alcalde mantivo cos veciños da parroquia– e nel estiveron presentes a presidenta da Asociación Vía Mariana, María José Silva; o presidente da Asociación de veciños de Parada-A Paradanta, Manuel Augusto Meiriño e o presidente da Comunidade de Montes de Parada de Achas, José Luis Gómez Antón.

Covelo mellorará a contorna da igrexa de Santiago en Prado da Canda

O goberno de Covelo avanza na súa aposta por unha vila máis amable para as persoas e mellorará a contorna da igrexa de Santiago en Prado da Canda. Froito da boa xestión económica e transparencia da contabilidade municipal, o Concello pode permitirse esta actuación que ten un custo de 197.302 € que serán financiados con fondos propios a través do Plan Concellos 22/23 da Deputación de Pontevedra.

A CHMS mellorará o saneamento e a EDAR da Cañiza cun investimento que superará os 1.4 millóns de euros

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Luís Piña, alcalde da Cañiza, rubricaron hoxe o Convenio que determina as condicións que rexerán o financiamento do Estudo de alternativas e o proxecto para a mellora o saneamento e a EDAR do seu centro urbano e aglomeracións limítrofes

A Asociación de veciños e veciñas de Maceira, Covelo, organiza o seu Entroido o domingo 26 de marzo

A asociación de veciños e veciñas San Salvador de Maceira organiza o seu desfile de entroido este domingo día 26. En colaboración co Concello de Covelo haberá música, animación e o desfile de comparsas a partir das 17 horas na praza de Maceira.

A renovada piscina municipal da Cañiza énchese de reivindicación feminina e cor con Amadia Arrazola e ‘ViolenciaZero’

A imaxe das mulleres de tres xeracións xa empeza a deixarse ver na fachada principal da rehabilitada piscina municipal da Cañiza. Son as que conforman o mural que a artista catalá Amaia Arrazola está pintando estes días como nova acción artística do programa da Deputación “Mulleres en Acción, Violencia Zero”. A presidenta provincial, Carmela Silva, xunto ao alcalde, Luis Gómez Piña, mantiveron onte un encontro coa artista para coñecer de primeira man o proceso creativo da obra que reflexa unha mirada cara dentro.

Os concellos da Cañiza e Melón estrean o camiño medieval «Entre abadías»

Unha ruta que terá lugar o vindeiro sábado 1 de abril, que esgotou as reservas na primeira semana e na que participarán preto de...

A veciñanza da Cañiza acude á presentación da Ponte das Achas

O Centro Sociocultural de Coto Sobreiro foi o escenario do encontro coa veciñanza das Achas no que o deputado provincial de Infraestruturas, Gregorio Agís, presentou xunto ao alcalde Luis Gómez Piña a ambiciosa actuación que se vai desenvolver na contorna da ponte e que suporá a total transformación desta área de gran relevancia patrimonial.

Covelo inicia a contratación para a humanización do acceso ao centro de Barcia de Mera

Unha plataforma continua sen barreiras arquitectónicas vertebrará o acceso ao centro de Barcia de Mera pola estrada provincial EP-4305.

Arbo celebra a Andaina da Lamprea

Para promocionar a LXIII Festa dá Lamprea e ir “abrindo boca”, en Arbo, durante as próximas semanas, levarán acabo unha serie de actividades dirixidas tanto aos visitantes como ás veciños.

Formación no centro de saúde de Covelo sobre alimentación e atragantamentos de bebés

O Concello de Covelo, en colaboración co centro de saúde local, organizan unha charla informativa sobre alimentación BLW e atragantamentos aberta a toda a cidadanía das vilas da contorna totalmente de balde. Será o vindeiro luns 20 de marzo ás 16 horas no auditorio municipal.