Martes, 26 Agosto de 2025

A Paradanta

Covelo inaugura o Club de Lectura para as familias

O Concello de Covelo convida ás familias a participar na inauguración do Club de Lectura para Familias o vindeiro venres 28 de Abril ás 18.15 horas na sala multiúsos da biblioteca no edificio usos múltiples.

Arbo contará cun dispositivo especial de autobuses gratuítos para a Festa da Lamprea

O Concello de Arbo porá en marcha un servizo especial de autobuses gratuítos dentro da programación da Festa da Lamprea. Este servizo gratuíto terá expedicións desde o venres 28 ata o domingo 30 de madrugada, e realizará un percorrido circular para dar a mellor cobertura posible ás diferentes zonas e barrios do municipio .

O Centro de Saúde de Covelo explica como utilizar a aplicación É-Saúde para pedir citas e realizar xestións co SERGAS

Ante o éxito de participación e a boa acollida que están tendo por parte da cidadanía os obradoiros e charlas impartidas polo equipo de profesionais do Centro de Saúde de Covelo, o vindeiro luns 24 de abril de oito da mañá a dúas da tarde persoal do SERGAS ofrecerá asesoramento para relacionarse co Servizo Galego de Saúde (SERGAS) a través da aplicación É-Saúde.

O Goberno local da Cañiza desminte que se lle negara información ao Grupo Popular

O Grupo Socialista do Concello da Cañiza denuncia o que cualifica como "mentiras e manipulacións" nas redes sociais do PP que, segundo as e os socialistas cañicenses "mostran dous decretos da alcaldía para seguir argumentando falsamente que o Alcalde lle prohibiu o acceso á documentación a Domínguez (portavoz do PP).

O Concello de Covelo denuncia o roubo da lona de promoción turística da estrada Covelo-Paraños

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, vén de denunciar ante a Garda Civil o roubo da lona de promoción turística ubicada na estrada Covelo-Paraños á altura do cruce con As Medelas. Esta lona publicitaria, instalada nas últimas semanas, tiña unhas dimensións de oito metros de longo e tres metros de ancho. O valor da mesma ascende a 900 € e o seu obxectivo era promocionar o patrimonio cultural do concello a través dunha fotografía impresa a cor dos pasos de Lourido.

As obras de mellora de camiños en Barcia de Mera e Paraños terán un custe de 93.990 €

No marco do Plan de Melloras de Camiños Municipais da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) executaranse obras de limpeza, ensanche e asfaltado, entre outros traballos, en Barcia de Mera e Paraños, en Covelo.

Doña Anita e Don German, “Arbenses distinguidos 2023”

O vindeiro 23 de abril, ás 18:00 horas no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, terá lugar a Gala da Lamprea da LXIII Festa da Lamprea.

Exposición de pintura en Arbo

A Asociación de Mulleres Rurais Arbenses coa colaboración do Concello de Arbo, organizan na semana previa a LXIII Festa da Lamprea, unha exposición de pinturas, donde queren mostrar as súas dotes artísticas.

A Universidade Senior de Monçao coñecerá o patrimonio material e inmaterial de Covelo

A asociación cultural e deportiva Río Xabriña de Paraños organiza a recepción, este venres día 14, dun grupo de persoas da localidade portuguesa de Monçao pertencentes á aula de Patrimonio da Universidade Senior de Monçao.

A parroquia de Maceira contará cun novo centro de día e unha residencia de maiores

A dirección xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia vén de comunicar ao Concello de Covelo a autorización para a construción dunha residencia xeriátrica e centro de día na parroquia de Maceira. Así o informa o alcalde de Covelo, Pablo Castillo.

Arbo e Sainte Terre irmandanse

A práctica da irmandade ou irmandamento entre cidades e vilas é unha institución de longa tradición que afunde as súas raíces históricas e ofrécese como un mecanismo integrador de gran eficiencia para a mellor defensa dos intereses das comunidades hermanadas.

Aberto o prazo para reservar para o “Xantar da lamprea”

O vindeiro sábado, 29 de abril de 2023 ás 15.00 horas, volve no restaurante “Os Pirús” un dos actos centrais da próxima “LXIII Festa dA Lamprea” (28, 29 e 30 de abril), o “Xantar da Lamprea”.